... PARA CELEBRAR O " DÍA DA PAZ" ELABORAMOS UN MENÚ MOI ESPECIAL. O NOSO MAIOR DESEXO SERÍA QUE FORMASE PARTE DA NOSA DIETA DIARIA.

Este artigo persegue a intencionalidade de animar e motivar ao profesorado a introducir o uso dos recursos TIC na súa práctica docente habitual, ou se é o caso, a ampliar as posibilidades de actuación para aqueles e aquelas que xa os utilizan. Esperamos que poida servir de guía útil para buscar e seleccionar recursos educativos axeitados ás necesidades de cada quen, conscientes de que non se trata de buscar un cambio radical na práctica docente, se non de ir dando pequeniños pasos que nos axuden a perderlle o medo e a incorporarnos a este novo tren.
Desde hai media ducia de anos, a introdución das TIC nas escolas é unha realidade que non podemos obviar. No día de hoxe xa son moi poucas as familias que non dispoñen dun ordenador na súa casa coa correspondente conexión a internet, e o noso alumnado vai adquirindo destrezas a un ritmo vertixinoso e incorpora o uso das TIC dun xeito "natural". Non convén de ningún modo que a escola se quede atrasada nesta aventura, pois corre o perigo de verse convertida nun lugar cavernoso e escuro á realidade do alumnado.
De seguido presentamos unha tipoloxía de recursos TIC que pretende seguir un modelo didáctico básico estruturado en catro pasos:
1) A busca e ampliación de información sobre un tema calquera;
2) A elaboración e procesamento desa información, realizada fundamentalmente mediante o traballo colaborativo do alumnado coa guía do profesor/a;
3) A comunicación do coñecemento construído, e
4) A avaliación.
O feito de que a avaliación figure no último apartado non implica que sexa ese o momento no que deba realizarse dun xeito illado, pois ben sabemos que a avaliación guía todo o proceso de ensino-aprendizaxe, desde o seu momento inicial, pasando polo formativo, ata un momento final.
Existen moitas outras posibilidades de construír clasificacións de recursos, como poden ser por etapas educativas ou por materias de aprendizaxe, e que de feito xa se poden atopar na rede, pero ese tipo de clasificacións tampouco impiden que se meta nun mesmo saco un montón de recursos educativos de natureza moi diferente e que serven a moi diversos propósitos. Nós pretendemos ofrecer un modelo coherente cun enfoque didáctico centrado no traballo por competencias e as metodoloxías asociadas de traballos por proxectos, traballos por tarefas, traballo colaborativo, etc. onde o alumnado se convirte en protagonista da súa aprendizaxe. Esta tipoloxía inclúe dúas dimensións básicas dos recursos, como son os recursos entendidos como ferramentas e como contidos didácticos elaborados, e que se teñen presentes en cada unha das categorías da clasificación. Desde a nosa perspectiva queremos ofrecer unha visión global e secuenciada das diferentes posibilidades didácticas que nos ofrecen os recursos educativos, e en particular os recursos TIC.
Teñamos sempre presente que o obxectivo xeral da competencia dixital e de tratamento da información (e case se podería dicir que da educación en xeral) consiste en que o alumnado “poida dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información, e para transformala en coñecemento”. Este ambicioso obxectivo estanos pedindo a berros un cambio metodolóxico no que o sempre presente libro de texto deixe a un lado o seu papel protagonista nas escolas do século XXI, para cederllo aos verdadeiros protagonistas, o alumnado das nosas escolas. Cada vez resoan con máis forza as críticas aos libros de texto. En palabras de Jordi Adell: "Los libros de texto son una desgracia en formato papel y en formato electrónico no hacen mas que mostrar sus muchas limitaciones. Ya se han criticado bastante desde el punto de vista ideológico, de su propuesta didáctica escolástica, de que desprofesionalizan a los docentes, etc. Los libros de texto "digitales" no tienen ningún futuro en la sociedad de la información."(...) La pedagogía actual propone actividades más centradas en los estudiantes y menos en el docente, metodologías más activas, trabajo en grupo, investigación y elaboración de artefactos, desarrollo de competencias y no solo adquisición de conocimientos, etc." Ver entrevista a Jordi Adell en Educaweb.
Nesta liña non está de máis lembrar que os recursos web (entendidos tanto como ferramentas como contidos), non se esgotan nas populares actividades de consolidación de coñecementos ou reforzo para o alumnado, como as Jclic, flash, etc. Existen outras ferramentas cun potencial educativo moi superior, e que invitamos a experimentar, como son as ferramentas de traballo colaborativo: Blogs, Wikis, Webquests, Google Docs, eTwinning, as aulas virtuais ou as redes sociais. Sen dúbida son estas ferramentas as que nos ofrecen a posibilidade como docentes de sermos máis autónomos, máis responsables, máis creativos e en consecuencia mellores profesionais da educación.
Por último, sinalar que antes de comezar a utilizar recursos TIC, é conveniente unha reflexión previa sobre o soporte de software que se utiliza. A aínda escasa formación do profesorado neste ámbito condúcenos a utilizar sen máis reflexión aquilo que nos ben dado, ou imposto, por defecto, podemos dicir, nos nosos ordenadores. Estámonos referindo aquí á elección entre software libre e software privativo. Hai alguén aínda a quen se lle ocurra nos tempos de hoxe obrigar ao alumnado dunha escola a utilizar exclusivamente, por exemplo, zapatillas deportivas de marca, como Nike ou Adidas? Pois igual de escandalizados/as deberiamos quedar cando a este alumnado se lle "ofrece" exclusivamente traballar con Windows, Explorer ou Microsoft Word, todos produtos dunha compañía que monopoliza o mercado do software. Estes "pequenos detalles" son a alma do currículo oculto, que imperceptiblemente impregna a conciencia dos axentes educativos nun determinado modelo social e económico. Existe unha alternativa plenamente válida para utilizar no sistema educativo, o software libre (Linux, Firefox, Chromium, OpenOffice, LibreOffice,...), legal e gratuíto, sen custo económico, e sostido nos valores de solidariedade, traballo en equipo e compartición do coñecemento. Por razóns de coherencia, é unha boa causa, aposta por ela. Para saber máis... http://ticarua.blogaliza.org/software-libre/
3.3.1. Vídeo (dotSUB...), podcast
3.3.2. Mapas conceptuais: Gliffy, Mindomo... Artigo no blog "Mirando al infinito"
3.3.3. Liñas do tempo: Timerime Unha liña do tempo é tamén un gráfico no que sobre un segmento horizontal que mide un periodo de tempo imos engadindo datas e acontecementos sobre algún evento en particular.
3.3.4. Issuu: permítenos subir documentos en formato pdf para despois poder visualizalos e integralos en calquera blog, wiki, etc.
Sereas sen cadeas, blog con recursos para a etapa de educación infantil.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates