Amosando publicacións coa etiqueta Panel Noticias. Amosar todas as publicacións

27/01/16

Charlas do servizo de Protección Civil sobre o Plan de Autoprotección Escolar

CEIPARUA
O martes día 26 de xaneiro visitaron o noso centro membros do servizo de Protección Civil, que impartiron charlas a todo o alumnado, desde educación infantil ata 6º curso de primaria para explicarnos o Plan de Autoprotección Escolar. A semana anterior xa instruíran cunha charla ao profesorado do centro.
Explicáronnos con moito detalle todos os pasos a seguir no caso de que houbese un incendio na escola, e ao final fixemos un simulacro de evacuación con fume incluído!

Os pasos a seguir son os seguintes:

1. Ao darnos aviso saímos da aula todos xuntos, en ringleira india, sen separarnos uns dos outros
2. Pechamos as ventás da aula
3. Seguimos as indicacións que hai nas paredes indicando a dirección de saída
4. Camiñamos pegados as paredes e ás barandas da escaleira, para evitar tropezóns.
5. Se hai fume debemos ir agachadiños e cubrirnos a cara cun pano
6. Ao saír do centro debemos ir ao punto de encontro para poder contarnos e ver que non falte ninguén.

Charlas do servizo de Protección Civil sobre o Plan de Autoprotección Escolar

Xosé
O martes día 26 de xaneiro visitaron o noso centro membros do servizo de Protección Civil, que impartiron charlas a todo o alumnado, desde educación infantil ata 6º curso de primaria para explicarnos o Plan de Autoprotección Escolar. A semana anterior xa instruíran cunha charla ao profesorado do centro.
Explicáronnos con moito detalle todos os pasos a seguir no caso de que houbese un incendio na escola, e ao final fixemos un simulacro de evacuación con fume incluído!

08/06/10

Stabri hoxe no Faro de Vigo

CEIPARUA
Hoxe o Faro de Vigo faise eco da presenza de Stabri en Cangas, no noso cole. Deixámosvos aquí a noticia e algunhas fotos do seu paseo de onte pola nosa vila con Néstor (2º Primaria). Grazas a Néstor e a súa familia pola bonita reportaxe.

Se facedes click na noticia, podedes vela un pouco máis grande.

Stabri hoxe no Faro de Vigo

Ana

04/06/10

Está no cole Stabri, o moneco que viaxa polo mundo

CEIPARUA

Dende hoxe temos connosco no cole un novo alumno, chámase Stabri de Monogo, algúns nenos din que é ucraniano pero un paxariño contounos que é made in Coruña.

Stabri é un moneco ó que lle encanta viaxar, xa percorreu moitos países (Arxentina, Inglaterra, Francia, Israel) e diferentes comunidades autónomas aquí en España. É a primeira vez que está nun colexio e que comparte con nenos e nenas as súas aventuras.

Stabri é moi moderno, ten carné, páxina web, correo electrónico e conta en facebook e twenti. Fai comentarios sobre como lle vai, como este:

Sigo viajando con mi nuevo portador: Colexio A Rúa de Cangas do Morrazo (Pontevedra) está siendo un aventura estupenda. Cuando ya todo el mundo piensa en las vacaciones a mi me matriculan en un coleee!!!

O mércores os de 6º recollérono en Coruña. Levárono ó Domus, á Torre de Hércules, viaxou 2 horas en autobús e, de noite, durmiu en casa de Patri, que moi amablemente o acolleu: aseouno, sentouno á mesa, meteuno na cama...

Entrega de Stabri na Coruña no Domus.

Na Torre de Hércules, que vértixe!!

Pola mañá estudou duramente e, cando os de 6º o levaron a Infantil, foi todo un acontecemento!! Foi a clase de inglés, á hora de ler, estivo no patio de recreo onde montou en triciclo, lanzouse polo tobogán, uliu as flores...

Creo que nunca foi tan tenramente abrazado!!

Ram, ram... que relax!!

Stabri, con tanto bico vante gastar!!

Os de 1º debuxárono e dixeron que mañá o levarían ó patio a xogar ó fútbol (preguntaron se andaba) Teremos que botarlle unha man!!

Hoxe foi durmir con Luana, unha nena de 2º, prometeu coidalo e traernos algunha foto de como o pasou na súa casa.

Con Luana e o seu canciño Vipo.

Máis fotos:

27/03/10

Hoxe apagón ás 20:30 na Hora do Planeta

CEIPARUA

Máis de 4.000 cidades súmanse ó apagón para salvar o planeta

Galicia contribúe á iniciativa coa participación de sete municipios

Da Alhambra ó Xeneralife; da Sagrada Familia á Muralla de Lugo; da Porta de Alcalá á Praza de María Pita; dos edificios do Corte Inglés ás tendas de Inditex; da Torre de Hércules á Catedral de Santiago.

Todos estes edificios e empresas, e moitos máis, repartidos por 125 países de todo o mundo apagarán hoxe as súas luces entre as 20:30 da tarde e as 21:30 da noite para participar na Hora do Planeta, unha iniciativa convocada por WWF para concienciar á poboación mundial da importancia de loitar contra o cambio climático.

A convocatoria deste año recibiu máis respaldo que nunca, tanto en España coma no mundo. En total serán máis de 4.000 cidades repartidas polos cinco continentes as que participarán no apagado das luces dos edificios públicos durante unha hora. O Coliseo romano, a torre Eiffel, o Cristo Redentor de Brasil, as pirámides de Guiza, o Empire State Building o Times Square son só algúns dos espazos singulares que quedarán a escuras.

En España, a mobilización tamén sumará unha participación récord. Onte pola tarde estaba confirmada a intervención na iniciativa de máis de 180 cidades, aínda que a organización esperaba que finalmente se sumasen máis de 200.

Galicia

Entre elas tamén se atopan oito cidades galegas. En principio adheríronse ao programa A Coruña, Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Oleiros, e Sarria. Os seus edificios e igrexas máis singulares permanecerán ás escuras. Pero non só os edificios públicos apagarán as luces. Tamén o farán o once paradores nacionais que funcionan na comunidade. De igual modo, a Federación Galega de Confrarías adheriuse á convocatoria, do mesmo xeito que Caixa Galicia, que apagará o interruptor nas súas sedes.

O obxectivo é mobilizar a máis de mil millóns de persoas de todo o mundo. Hoxe será a cuarta vez que WWF pida sesenta minutos de escuridade para conseguir que, a través dunha acción conxunta, os cidadáns sintan que «todos somos parte da solución ao cambio climático».

«É unha acción global e simbólica, como as que ao longo da historia deron paso ás grandes revolucións», destaca o secretario xeral de WWF España, Juan Carlos Olmo. No noso país, empresas como Telefónica, Coca Cola, o Corte Inglés Inditex, Ikea ou o Banco Santander tamén se sumaron.

21/12/09

O vento levantou a cuberta do polideportivo do IES de Rodeira

CEIPARUA
Carai!! Que susto!! Menos mal que non houbo ningunha desgraza persoal.
Enviámoslle moito ánimo ós compañeiros/as do IES Rodeira.

Queremos agradecer ós pais e nais do CEIP A Rúa que esperaron pacientemente a que chegasen os nenos/as transportados/as en autobús.

Podedes ver a noticia no xornal do mediodía da TVG (se non o ves xa ao iniciar o vídeo, podes atopar a noticia entre os minutos 37:50 a 38:20)

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG

28/10/09

¿TEMOS O “PUNTO LIMPO” EN A RÚA E NON NOS ENTERAMOS?

CEIPARUA

¿Que pasa en A Rúa que cada día aparecen montes de lixo?

O lixo diante do Colexio A Rúa da asco. De quen é obra isto non se sabe.

Isto fano pola noite os maiores, e agora ata polo día. É incrible, pero isto non o fan nin os nenos pequenos. ¿Somos bebés ou que?

O día 27 de outubro o lixo segue aí, pero agora é distinto. Hai neumáticos, rodas, botes de pintura e botes de gas. ¿É NORMAL ISTO?

Os puntos limpos están para algo, pero en Cangas o pecharon.

-¿Por que?

- Non o sabemos.

O lixo non pode estar fóra dos contedores. Non nos comportemos coma nenos pequenos e sexamos responsables co medio ambiente. ¡¡¡BASTA XA!!!

Cando se ve un contedor cheo, pódese buscar outro para tirar o lixo. Non costa nada e tamén fas exercicio.

¿¿¿¡¡¡VOSTEDES CREN QUE É NORMAL!!!???

Nós cremos, e nisto estamos todos de acordo, que este desastre poderiámolo arranxar se todos somos limpos e educados.

O lixo pódese evitar se todos somos máis limpos e reciclamos máis.

E se todos somos máis limpos, o mundo será mellor.

Alumnos e alumnas de 6º

Luis

05/10/09

Mercedes Sosa, La Negra, in memoriam

CEIPARUA

Quizais, as palabras da súa entrañable amiga, Teresa Parodi, resuman o sentimiento de moitos/as:

“…Mercedes, salmo en los labios
amorosa madre amada
mujer de América herida
tu canción nos pone alas y hace que la patria toda
menudita y desolada no se muera todavía,
no se muera porque siempre cantarás en nuestras almas…”

Páxina web oficial de Mercedes Sosa
Biografía

10/09/09

ESTE CURSO... IMOS INVESTIGAR!!!

CEIPARUA

Xa empezou un novo curso, e aquí estamos todos/as outra vez cheos de enerxía e ganas de aprender xuntos/as.

Como xa podedes ver no Panel de Noticias, o Tema Núcleo deste ano vai ser:

"I N V E S T I G A M O S"

Porque investigando descubrimos, aprendemos, traballamos, compartimos, divertímonos...

E que é o que imos investigar?...

Ahhhhhh!... Ide averiguando!!!

ESTE CURSO... IMOS INVESTIGAR!!!

Rosana

Xa empezou un novo curso, e aquí estamos todos/as outra vez cheos de enerxía e ganas de aprender xuntos/as.

Como xa podedes ver no Panel de Noticias, o Tema Núcleo deste ano vai ser:

"I N V E S T I G A M O S"

Porque investigando descubrimos, aprendemos, traballamos, compartimos, divertímonos...

E que é o que imos investigar?...

Ahhhhhh!... Ide averiguando!!!

Hoxe é un gran día!!

CEIPARUA

Estes días os/as profes fomos ó cole a preparar o inicio do curso.
Polos corredores, nas clases, no patio, nos baños... había un silencio sepulcral. Botábase en falta a alegría dos nenos/as que todo o invade, que reverbera e se amplifica, case sen darte de conta.

Hoxe voltamos á rutina con enerxía e moitas gañas de dar apertas.

Hoxe é un gran día!!

Os primeiros anos na escola deixan un recordo imborrable, para ben ou para mal, deixámosvos aquí o recordo infantil dun dos nosos grandes poetas,
Antonio Machado:

Recuerdo infantil

Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de lluvia tras los cristales.

Es la clase. En un cartel
se representa a Caín
fugitivo, y muerto Abel,
junto a una mancha carmín.

Con timbre sonoro y hueco
truena el maestro, un anciano
mal vestido, enjuto y seco,
que lleva un libro en la mano.

Y todo un coro infantil
va cantando la lección:
"mil veces ciento, cien mil;
mil veces mil, un millón ".

Una tarde parda y fría
de invierno. Los colegiales
estudian. Monotonía
de lluvia tras los cristales.

Benvidos/as :-) !!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates