Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Educación Infantil. Amosar todas as publicacións

26/03/20

BESOS BESOS

CEIPARUA
 
   BESOS, BESOS    







  1. Conversamos. Como son os teus besos?: frequiños, suaves, pinchan, de chocolate, sonoros….
  2.  Pónlle cor ós teus besos. Representa os teus besos debuxando con cores, con pincéis…podes colocalos nas ventas a modo de mensaxe.

LA ORUGA GLOTONA

CEIPARUA

PROPUESTAS PARA EL CUENTO LA ORUGA GLOTONA




1. Representamos con oso corpo á Eiruga. Cunha tea estirada no chan nos enrolamos pouco a pouco nela ata que quedamosenvoltostotalmente. Permanecemos un ratiño. Logo pouco a pouco, intentamos saír e voamos como unha bolboreta. 
 
2.Somos unha eiruga glotona e imos ó froiteiro da casa e decidimos que froitas nos gustaría comer. Tamén podemos facer brochetas, zumes ou batidos.

3.Coa plasti, elaborar un ovo, a eiruga e a bolboreta. Secuenciar as fases do proceso de nacemento. Conversar.

ARTUR

CEIPARUA
PROSTAS  PARA O CONTO "ARTUR"


AUDIOCONTO ARTUR










RIMA DE MOVEMENTO EL POLLITO DE TAMARA TCHUVAROSKY





Recreamos a historia do Pito Artur. “ Somos o Pito Artur e estamos encollidos dentro do ovo(que pode ser unha caixa, debaixo dunha mesa…..). Estamos incómodos. Pouco a pouco nos movemos: a un lado e a outro. Logo estiramos un brazo, a perna. Intentamos romper o ovo co noso peteiro. Cando abre sacamos a baza despaciño, o corpo, brazos e pernas. Saímos do ovo. Comezamos a camiñar, a tremer porque temos frío. Pechamos os ollos e quedamos durmidos. Profundamente durmidos acurrucadiños”.

COCORICO

CEIPARUA



 AS PROPOSTAS DO CONTO DE COCORICO








RIMA CON MOVEMENTO TAMARA TCHUVAROSKY

  1. Facer un Biscoito Cocorico  para compartir no desaiuno, na merenda.Podedes preparar previamente a lista dos ingredientes que ides a necesitar.Facede pesadas, medidas…. No momento da elaboración do biscoito; remover, amasar, bater….
  2. Elaborar debuxos dos protagonistas e colocarlles un pauciño para convertilos en marionetas e recrear o conto, facer diálogos….
  3. Masaxe para relaxarnos. Poñemos a canción de Cocorico a volumen suave para ambiantar. Tumbados boca abaixo imos seguir a canción e cando escoitamos “ Picotí picotá”, imitamos a Cocorico convertindo a nosa man no seu peteiro. Tamén se pode facer coas dúas mans a vez pola espalda. Logo imitamos a Gato pelado cando escoitemos o “marramiau, marramiau”, como se estivésemos arañando pola espalda. Terminamos cun toque final, coas mans imitamos como se estivésemos amasando. Respiramos profundamente, ollos pechados…

CARTA DO COELLIÑO DE PASCUA

CEIPARUA
Ola,

Son o coello de Pascua. Este ano igual que vós eu non podo saír  da casa. Faríame moi  feliz que me enviárades os vosos vídeos cantando as cancións de inglés. Sería xenial. De todos xeitos non vos preocupedes, estareivos esperando cunha sorpresa cando voltedes ao cole. Quérovos moito.



                                                                            O meu correo electrónico é: englisharua@gmail.com








03/05/19

OBRADOIROS DE CIENCIAS DESCUBRINDO A LIÑA DO TEMPO

CEIPARUA

Para a presentación deste Obradoiro decidimos partir da lectura do conto de Croniñón que está presente na nosa Biblio.











De seguido, conversamos acerca do que acabamos de ver e escoitar…

-     Como vivían os homes/mulleres da Prehistoria?“No monte, en covas, cavernas,. Eran frías, escuras. Non había luz”

-      Como se vestían? “ con pouca roupa, a roupa estaba feita de pel dos animais”.

-      Que comían? “ prantas, raíces, o que cazaban e o que pescaban”. Comían coas mans.
 
-     Con que xogaban os nenos? “ cos ósos, pedras, paus, terra…” “ non tiñan xoguetes, nin tele nin consola”, “ que aburrido era!!!!”.

Outras observacións interesantes….” Non había mobles nas covas”,
“ non tiñan camas para durmir”, “ facían lume con paus e pedras que lles servía para quentarse e facer comida”. “ Croniñón non tiña pinturas como as nosas, nin xoguetes”.
“Este conto fala dos antepasados, da Prehistoria, fai moitos moitos anos”.
Estas son algunas das afirmacións e curiosidades que comentaron os grupos, os seus coñecementos previos e os seus razoamentos marcan puntos clave do que iremos descubrindo nas sesión posteriores. Deste xeito, buscarán información en libros e revistas da nosa Biblio para confirmar o que xa saben e completar algunhas das súas curiosidades…


A LIÑA DO TEMPO

A Prehistoria marca o comezo da aparición do home, das súas costumes, vida e descubrimentos que iremos conformando ó longo deste Obradoiro. Ofrecemos ó ne@s que ordenen cronolóxicamente 3 tarxetas nas que aparecen representados; formación do Universo, dinosaurios e a Prehistoria.

Presentamos ademáis 3 tarxetas máis, onde aparecen os anos de nacemento 2013, 2014, 2015 dos nen@s de 5, 4 e 3 anos respectivamente para que tomen conciencia que eles tamén forman parte desta Liña do Tempo, se completará coas súas fotos que cada un colocará no seu ano correspodente.
Ademáis colocamos nunha alfombra, 3 tapetes onde en cada un estará colocado o propio de cada etapa seguindo a Liña do Tempo ; planetas, Dinosaurios e Prehistoria, con material para manipular e experimentar de forma individual ou en pequeno grupo, unha maneira de interiorizar o paso do tempo a través do xogo.



MINIMUNDOS PREHISTÓRICOS

Para representar a vida, costumes  e avances que se van producindo na Prehistoria, preparamos un espazo con material diverso( pezas e láminas de madeira, cortizas, teas, paus de varios tamaños, troncos, pedras e monecos vestidos con teas e varios elefantes simulando mamuts),  para que recreen a súa Prehistoria na tarima  co apoio de láminas con imaxes e libros para consultar se o precisan.









PINTURA RUPESTRE
  
Nun papel continuo marrón, pintaron con carbonciño como o protagonista do conto.
Tinguimos  auga con azafrán, café e pimentón dulce. Con pinceis preparados para a ocasión e folios en branco comezan a aparecer as primeiras pinturas rupestres.. Ata algún nen@s empregaban as súas propias técnicas como o “salpicado “ incluso chegan a  representar letras.













TECENDO

Unha das labores das mulleres eran a de preparar as roupas empregando a pel dos animais que cazaban, empezaron tamén a empregar telares sinxelos para fabricar texidos.
 Para que experimentaran a fabricaciónde teci, preparamos un telar con fíos de trapiño para tecer en diferentes direccións coa presencia ademáis dunha lámina informativa e un libro onde aparece esta tarefa.


Para dar continuidade a este Obradoiro, de forma cronolóxica e tendo en conta o interese que amosaron os grupos pola Prehistoria, indagaremos no seguinte Obradoiro na Escritura 


 
Falamos da importancia de comunicarnos. Do emprego de debuxos como Croniñón e dos que facemos nós a veces para decir algo. Como foi cambiando a forma de comunicarnos, como eran os debuxos, os garabatos, onde se debuxaba que utís empregaban… etc.
Imos recrear os comezos da nosa escritura máis primitiva simulando homes /mulleres da Prehistoria . Saímos ó patio para escribir cuns paus na area….


Posteriormente, representan sobre o papel e imitan bastante a Croniñón co seu mamut.


Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates