Iniciamos un ano máis o Apadriñamento Lector, unha actividade cooperativa na que o alumnado dos cursos superiores exercen como padriños e madriñas lectores dos/as alumnos/as máis pequenos, coa intención de mellorar a competencia lectora e de favorecer a interrelación entre os distintos cursos.
Como o curso anterior, participa todo o alumnado de primaria: Os de 1º cos de 4º, os de 2º cos de 5º, e os de 3º cos de 6º. A pasada semana fixemos a presentación das parellas. Ahí van unhas fotos para que vexades como foi
Amosando publicacións coa etiqueta Convivencia b>. Amosar todas as publicacións

28/01/14
Apadriñamento Lector
Iniciamos un ano máis o Apadriñamento Lector, unha actividade cooperativa na que o alumnado dos cursos superiores exercen como padriños e madriñas lectores dos/as alumnos/as máis pequenos, coa intención de mellorar a competencia lectora e de favorecer a interrelación entre os distintos cursos.
Como o curso anterior, participa todo o alumnado de primaria: Os de 1º cos de 4º, os de 2º cos de 5º, e os de 3º cos de 6º. A pasada semana fixemos a presentación das parellas. Ahí van unhas fotos para que vexades como foi
Como o curso anterior, participa todo o alumnado de primaria: Os de 1º cos de 4º, os de 2º cos de 5º, e os de 3º cos de 6º. A pasada semana fixemos a presentación das parellas. Ahí van unhas fotos para que vexades como foi
22/01/13
Apadriñamento Lector
Un curso máis poñemos en marcha esta actividade de aprendizaxe cooperativa, na que un alumno ou alumna dos cursos superiores fai de padriño ou madriña de lectura de un alumno ou alumna dos cursos inferiores.
O obxectivo é, por unha parte, mellorar a competencia lectora tanto dos alumnos titores como dos titorandos e, por outra parte, favorecer a interacción social entre alumnado de distintos cursos.
Esta vez, tendo en conta as suxestións dos/as alumnos/as de 1º e 6º que participaron o ano pasado, pensamos que era boa idea amplialo a todos os cursos de Primaria. Así, os de 4º serán padriños e madriñas dos nenos e nenas de 1º, os de 5º estarán cos de 2º, e os de 6º cos de 3º.
Nestes días fixemos xa as presentacións das parellas tal e como ilustran as seguintes imaxes.
1º e 4º
2º e 5º
3º e 6º
Esta semana comezarán xa a ler. Para eso utilizaremos unha sesión semanal da hora de ler: os martes 3º e 6º, os xoves 2º e 5º, e os venres 1º e 4º.
Seguiremos informando...
Apadriñamento Lector
Un curso máis poñemos en marcha
esta actividade de aprendizaxe cooperativa, na que un alumno ou alumna
dos cursos superiores fai de padriño ou madriña de lectura de un alumno
ou alumna dos cursos inferiores.
O
obxectivo é, por unha parte, mellorar a competencia lectora tanto dos
alumnos titores como dos titorandos e, por outra parte, favorecer a
interacción social entre alumnado de distintos cursos.
Esta
vez, tendo en conta as suxestións dos/as alumnos/as de 1º e 6º que
participaron o ano pasado, pensamos que era boa idea amplialo a todos os
cursos de Primaria. Así, os de 4º serán padriños e madriñas dos nenos e
nenas de 1º, os de 5º estarán cos de 2º, e os de 6º cos de 3º.
Nestes días fixemos xa as presentacións das parellas tal e como ilustran as seguintes imaxes.
1º e 4º
2º e 5º
3º e 6º
Esta
semana comezarán xa a ler. Para eso utilizaremos unha sesión semanal da
hora de ler: os martes 3º e 6º, os xoves 2º e 5º, e os venres 1º e 4º.
Seguiremos informando...
26/10/12
Primeira reunión de representantes 12-13
O día 25 ás 12:50 tivo lugar a reunión dos representantes de cada curso coa Dinamizadora de Convivencia e coa Xefa de Estudos.
En primeiro lugar presentáronse os membros que forman parte deste equipo. De seguido recordáronse as funcións dos representantes e informouse de outros asuntos de interese. Despois da entrega do material pasouse ao último punto, rogos e preguntas, onde algúns membros presentaron as súas dúbidas.
Un momento da reunión.
Entrega de carpetas co material.

10/02/12
Buzóns de CONVIVENCIA
Os buzóns de CONVIVENCIA xa están colocados na planta baixa e no 1º andar do colexio. Estes buzóns serven para:
- Avisar dos problemas de convivencia que hai no centro (na clase, no patio, no autobús, nos baños).
- Aportar ideas para mellorar a convivencia.
- Felicitar ás persoas que fan algo ben ou melloran o seu comportamento.
- Propoñer como mellorar as instalacións do centro.
- Facer preguntas sobre a convivencia.
Buzóns de CONVIVENCIA
Os buzóns de CONVIVENCIA xa están colocados na planta baixa e no 1º andar do colexio.
Estes buzóns serven para:
- Avisar dos problemas de convivencia que hai no centro (na clase, no patio, no autobús, nos baños).
- Aportar ideas para mellorar a convivencia.
- Felicitar ás persoas que fan algo ben ou melloran o seu comportamento.
- Propoñer como mellorar as instalacións do centro.
- Facer preguntas sobre a convivencia.
11/01/12
Propostas para celebrar o día da Paz
| Paraugas pola Paz (Entrada recollida na web do Seminario Galego de Educación para a Paz) |
Proposta do Colexio de Vite, de Santiago de Compostela, para o Día Escolar pola Paz.
Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)
Proxecto artístico internacional (Paz mundial). Mensaxe de paz a través da arte.
Pintarase un paraugas por aula e farase a exposición e o desfile polo colexio cos paraugas decorados o 30 xaneiro do 2012.
O paraugas como metáfora de protección. A parte superior (que é a que se pinta) simboliza a vivenda e a parte interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.
Pode a arte cambiar o mundo? Absolutamente! (Matt Lamb)
(Pincha na imaxe para obter máis información)
Ver nos seguintes blogs para obter máis ideas de como elaborar os paraugas:
Lerias de Vite
CEIP de Vite I
Imaxes en Google "Paraguas por la paz"
A paz é o camiño... (Blog de Manuel Dios Diz)
(Pincha na imaxe para obter máis información)
Ver nos seguintes blogs para obter máis ideas de como elaborar os paraugas:
Lerias de Vite
CEIP de Vite I
Imaxes en Google "Paraguas por la paz"
A paz é o camiño... (Blog de Manuel Dios Diz)
Propostas para celebrar o día da Paz
|
Paraugas pola Paz (Entrada recollida na web do Seminario Galego de Educación para a Paz) |
Proposta do Colexio de Vite, de Santiago de Compostela, para o Día Escolar pola Paz.
Proxecto PARAUGAS POLA PAZ, de MATT LAMB (pintor irlandés)
Proxecto artístico internacional (Paz mundial). Mensaxe de paz a través da arte.
Pintarase un paraugas por aula e farase a exposición e o desfile polo colexio cos paraugas decorados o 30 xaneiro do 2012.
O paraugas como metáfora de protección. A
parte superior (que é a que se pinta) simboliza a vivenda e a parte
interior/inferior representa as nosas preocupacións e medos.
Pode a arte cambiar o mundo? Absolutamente! (Matt Lamb)
(Pincha na imaxe para obter máis información)
Ver nos seguintes blogs para obter máis ideas de como elaborar os paraugas:
Lerias de Vite
CEIP de Vite I
Imaxes en Google "Paraguas por la paz"
A paz é o camiño... (Blog de Manuel Dios Diz)
(Pincha na imaxe para obter máis información)
Ver nos seguintes blogs para obter máis ideas de como elaborar os paraugas:
Lerias de Vite
CEIP de Vite I
Imaxes en Google "Paraguas por la paz"
A paz é o camiño... (Blog de Manuel Dios Diz)
16/12/10
Presentación das parellas no Apadriñamento Lector
Hoxe tivo lugar a presentación das parellas de padriños/madriñas e afillados/as. Fixémolo na hora de ler. Os de 6º foron á clase dos de 1º e alí formamos as parellas. Despois estiveron uns minutiños charlando para empezar a coñecerse, como podedes ver nas fotos:
As sensacións foron boas e todos saíron moi contentos. Pronto teredes máis noticias contadas por eles mesmos. Á volta das vacacións, comezaremos coa lectura.
Publicado no blog: Aprendizaxe en grupos cooperativos

22/11/10
BUZÓN DE CONVIVENCIA
De momento, mentres duren as obras, contaremos cun so buzón no primeiro piso, xusto ao final das escaleiras.
Lembrade que as funcións do Buzón de Convivencia son:
1. Avisar dos problemas de convivencia que hai no centro (na clase, no patio, no autobús, nos baños...)
2. Achegar ideas para mellorar a convivencia
3. Felicitar ás persoas que fan algo ben ou melloran o seu comportamento
4. Propoñer como mellorar as instalacións do centro
5. Facer preguntas sobre a convivencia

06/11/10
Xuntanza de representantes
Dende a Comisión de Convivencia convocamos esta semana a primeira xuntanza de representantes dos/as alumnos/as. Cada curso de Educación Primaria votou previamente a dous compañeir@s para que foran os seus portavoces. Os/as elixidos/as foron:
1º: Anxo e Joel
2º: Gabriel e Laura
3º: Inés e Mario
4º: Abel e Salwa
5º: Cristina e Iria
1º: Anxo e Joel
2º: Gabriel e Laura
3º: Inés e Mario
4º: Abel e Salwa
5º: Cristina e Iria
6º: Miguel e Tamara
Os dous alumnos de 6º formarán parte ademais do Observatorio de Convivencia do centro.
A orde do día incluiu a presentación de todos os participantes, a entrega de material, a información sobre as funcións dos representantes e do buzón de convivencia que están no taboleiro de cada clase e, finalmente, un tempo para rogos e preguntas.
Seguro que entre todos seguimos facendo do cole un espazo de diálogo e convivencia.

28/04/10
Xornada intercultural: as festas dos bos desexos
A concellería de Benestar Social do concello de Cangas organizou hoxe no noso cole unha actividade sobre as festas do mundo, dentro do seu programa da VI Semana Intercultural.
Viñeron varias mulleres de países diversos do mundo: de Marrocos, de Brasil, de Arxentina e de Polonia, e algunhas son mamás dos nenos/as que están no noso cole. Cada unha delas falounos dunha festa moi coñecida no seu país, e así puidemos ver que todas as festas teñen cousas en común, que nelas a xente divírtese e agradece as cousas boas da vida, ao tempo que pide os mellores desexos para que o mundo sexa mellor.
Falamos de cinco das festas máis coñecidas e que son:
En Brasil, a virxe de Iemanjá, festa que ten a súa orixe en África e que despois se trasladou América do Sur. Ten certo parecido coa celebración da Virxe do Carme en Galicia, a patroa dos mariñeiros. As persoas pídenlle bos desexos á virxe e logo botan un barquiño no mar cargado con flores e froitos para que a Virxe llos conceda.
(Imaxe recollida en: http://www.jujuy.com/?p=104)
En Arxentina, e tamén en Perú, Bolivia e Chile, celébrase a festa da Pachamama, ou da Nai Terra. Nese día as familias xúntanse para celebrar a festa e fan unha boa comida cos alimentos que tiveron das colleitas, e pídenlle a Pachamama que se siga portando ben con eles, para ter boas colleitas e ter así dabondo para comer.
(Fonte da imaxe: http://www.adezaragoza.org/biblioteca/estante.php?id=51)
En Marrocos e nos países árabes teñen a festa do Ramadán. Fátima contounos que nesta festa, que dura todo un mes, as persoas non comen nin beben durante o día, dende unha hora antes da saída do sol ata unha hora despois de que se pon, e só poden facelo pola noite. Os nenos/as pequenos/as si que poden comer. Fano para ter máis presente que no mundo hai moita xente que pasa fame e necesidades e poder ser así máis solidarios con eles/elas.
En Polonia, un país que está en Europa, celebran a Festa da Pascua Polaca. Tamén se xuntan os amigos e regálanse uns ovos moi ricos, e comen uns bos banquetes. No día seguinte fan o día da auga, onde todos se tiran caldeiros de auga pola rúa.
En Galicia temos a festa da noite de San Xoán, onde bailamos arredor do lume e saltamos a fogueira para que nos sexan concedidos os desexos que pedimos. Tamén botamos herbas aromáticas en auga, formando un cacho. A auga temos que collela de 7 fontes para que escorrenten todos os males.

01/03/10
Hanane decora as súas mans con henna
Hoxe Hanane, alumna de 2º, de orixe marroquí, trouxo as mans pintadas de "henna".
Propuxémoslle que nos contase algo sobre este costume para compartilo con tod@s nós.

"É un debuxo de henna, feito coa axuda dun adhesivo. En Marrocos, esta pintura lévaa só a muller (nenas, nais, avoas). Significa que falta pouco para rematar o curso e que veñan outros nenos/as novos á escola. Hai moitos debuxos para elixir: flores, abellas, libros... As nenas só poden facer os debuxos nas mans, só cando son maiores poden facelos nas pernas"
Hanane contounos que a súa nai decorou as súas mans coa henna seguindo estes pasos:
- Colocou un adhesivo co debuxo na man.
- Botou a henna.
- Frotou con limón.
- Colocou un plástico nas mans para non mancharse.
- Foise para cama.
- Pola mañá, quitou o plástico, a henna e o adhesivo.
podedes ver unha galería de imaxes
que ilustra o proceso da orixe e comercialización da henna.
A imaxe anterior enlaza cun audio no que Saida, unha muller inmigrante marroquí, explica as aplicacións da henna, o seu significado nas festividades, as variedades dentro do mundo islámico e a crecente popularidade que está adquirindo en Occidente.
Queremos agradecer a Hanane a súa información e lembrarvos, como ela dicía hoxe sen parar, que podedes tocar as súas mans, non manchan!!

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)