O xoves 12 de novembro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal de Cangas proxectaremos unha selección de pezas audiovisuais creadas polo alumnado dos centros participantes no Proxecto Piensa, Crea... Acción!
Esta proxección forma parte das actividades programadas na convivencia en Cangas con representantes do profesorado e do alumnado dos centrosCEIP Santa Marina de Magán (Toledo)ea Escola de Bordils (Girona), que estarán con nós dende o mércores 11 ata o venres

Os pasados días 28, 29 e 30 de setembro, dous profesores/as do CEIP de Magán (Pilar e Paco) e outros dous de Bordils (Carma e Guasi ) visitaron o CEIP A Rúa para coñecer algunhas das nosas experiencias e o noso pobo.
O alumnado de cuarto curso de educación infantil e o alumnado de 5º curso de primaria prepararon unhas entrevistas cheas de preguntas para coñecer como son as escolas de Magán e de Bordils.
Os alumnos/as de 2º curso de primaria expuxeron o seu traballo de fotografía cunha presentación multimedia.
O alumnado de 6º curso de primaria presentoulles a maleta dos planos do mundo do proxecto de cine en curso 2014-2015.

ESTES DÍAS ESTASE A CELEBRAR NO AUDITORIO A" XI SEMANA DE CINE DE CANGAS".
MAÑÁ MARTES, 15 DE SETEMBRO ÁS 21:00 DA NOITE, SERÁ A ESTREA DA PELÍCULA "LAS ALTAS PRESIONES" DE ÁNGEL SANTOS.
ÁNGEL É O NOSO CINEASTA NO PROXECTO CINEENCURSO, NO QUE XA LEVAMOS 3 ANOS. O DIRECTOR DE CINE LEVA ACOMPAÑÁNDONOS E LEVÁNDONOS DA MAN TODO ESTE TEMPO.MAÑÁ TÓCANOS A NOS ACOMPAÑALO. ANIMÁDEVOS!!!
ESTES DÍAS ESTASE A CELEBRAR NO AUDITORIO A" XI SEMANA DE CINE DE CANGAS".
MAÑÁ MARTES, 15 DE SETEMBRO ÁS 21:00 DA NOITE, SERÁ A ESTREA DA PELÍCULA "LAS ALTAS PRESIONES" DE ÁNGEL SANTOS.
ÁNGEL É O NOSO CINEASTA NO PROXECTO CINEENCURSO, NO QUE XA LEVAMOS 3 ANOS.
O DIRECTOR DE CINE LEVA ACOMPAÑÁNDONOS E LEVÁNDONOS DA MAN TODO ESTE TEMPO.MAÑÁ TÓCANOS A NOS ACOMPAÑALO. ANIMÁDEVOS!!!
Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria estamos moi pero que moi orgullosos de presentarvos o noso traballo do proxecto de Cine en Curso do 2014-2015, o documental titulado "Deixando atrás" que ofrece a nosa mirada sobre a emigración en Galicia nos anos 50-60. Antes de máis nada aquí tedes o resultado final. Invitámosvos a gozalo. ÍMOSVOS CONTAR COMO CHEGAMOS ATA AQUÍ: No curso 2014-2015 solicitamos e foinos concedido un proxecto de Cine en Curso para elaborar un documental sobre as migracións, aproveitando que o tema núcleo do noso centro para este curso versa sobre As Viaxes. O traballo que fomos desenvolvendo durante este curso quedou rexistrado no Blog reservado para o CEIP A Rúa, que pon á nosa disposición a organización de Cine en Curso. Na Site Sempre en Cangas rexistramos o Diario de aula, que recolle todo o proceso de formación e todas as actividades que fomos desenvolvendo relacionadas co proxecto, ata concluír na elaboración do documental "Deixando atrás".
A seguir presentámosvos algúns dos momentos estelares da presentación do noso documental: 1) Estrea do documental no CGAI, en A Coruña.
O día 12 de xuño os participantes dos obradorios anuais de documental presentaron no CGAI os catro filmes realizados neste curso en Galicia. Despois de cada proxección, o grupo presentou o proceso de creación e iniciouse un diálogo con outro grupo que previamente viu e analizou a súa curtametraxe.
O día 16 de xuño os alumnos do Colexio Lourdes-Fuhem (Madrid), o Colexio Montserrat-Orcasitas (Madrid), o CEIP A Rúa (Cangas), a Escola de Bordils (Bordils), o Institut Bellvitge (L’Hospitalet de Llobregat) e o Institut Milà i Fontanals (Barcelona) estrean as súas películas na Cineteca de Madrid.
3) Presentación do documental ás familias dos nenos e nenas de 5º de Primaria no CEIP A Rúa.
Un momento da estrea no CEIP A Rúa
En novembro, cando veñan os alumnos/as de Toledo e Bordils, contamos con facer a estrea no Auditorio para o resto do centro e para todas as persoas que queiran compartir connosco este emocionante momento. Será unha festa audiovisual na que se exporán traballos dos tres centros educativos.