01/04/14

UNHA MAÑÁ CON MIGUEL ÁNGEL

CEIPARUA
CHEGOU O MOMENTO ESPERADO...........
E MOI PUNTUAL, MIGUEL ÁNGEL CHEGOU CUNHA MALETA CARGADIÑA DE POEMAS E MOITA MAXIA.
 O ESCENARIO ESTÁ PREPARADIÑO PARA RECIBILO, ESTAMOS MOI EMOCIONADOS!!!!

    A PRIMEIRA SESIÓN FOI PARA INFANTIL
DÉMOSLLE UNHA CÁLIDA BENVIDA.

ENSEGUIDA NOS ENGAIOLOU COA SÚA ARTE DE CONTAR.........E TODOS XUNTOS RECORDAMOS OS POEMAS DE CULLARAPO.

ACOMPAÑAMOS CON MÚSICA E BAILE.....QUE DIVERTIDO!!!!

A MAÑÁ SEGUIU CUNHA SESIÓN PARA PRIMARIA.

NESTE CASO, COA NENA QUE NON A DEIXABAN SER FELIZ

E COA MESMA SINTONÍA, OS NENOS CONECTARON CON MIGUEL ÁNGEL E PARTICIPARON CON MOITA ILUSIÓN.

SABELA UNHA NENA DE 4º, LEEU UN POEMA DE CULLARAPO QUE LEVA O SEU MESMO NOME.......MIGUEL ÁNGEL QUEDOU PRENDADO!!!!

COMO NON PODÍA SER DOUTRA FORMA, OS NENOS DE INFANTIL DÉMOSLLE UN AGASALLO. UNHA SERIE DE ILUSTRACIÓNS ONDE CADA NENO SE DEBUXOU CON ELEMENTOS DOS POEMAS DE CULLARAPO.

SABELA EN REPRESENTACIÓN DOS NENOS DE PRIMARIA TAMÉN LLE ENTREGOU UN AGASALLO.

GRACIÑAS POR VIR Á NOSA BIBLIO CON TANTA ILUSIÓN E MAXIA.......MIL BICOS MIGUEL ÁNGEL!!!!

UNHA MAÑÁ CON MIGUEL ÁNGEL

May

30/03/14

THE EMPEROR'S NEW SUIT

CEIPARUA
O martes, todos os nenos/as do cole asistiron a unha obra de teatro en inglés, no Auditorio de Cangas.
Montse,a profe de inglés organizou e coordinou esta actividade para todos os centros públicos de Cangas e tamén A Pedra de Bueu. Ó redor de 1500 nenos e nenas difrutaron cantando as cancións que prepararan con anterioridade no cole. Este é o segundo ano que se  celebra esta saída.ESPERAMOS REPETIR!!!

Preparados/as para pasalo ben,NOS VAMOS!!!

Que empece xa,o público...

Dani,de 3º de Primaria participando nun momento da obra.

20/03/14

PRESENTACIÓN DO PROXECTO E COMEZO DA RODAXE DO DOCUMENTAL SOBRE MASSÓ POLOS NENOS/AS DE 6º

CEIPARUA

Expoñemos ó alcalde o proxecto "Cine en curso"

O venres 14 de marzo fomos ó concello para explicarlle ó alcalde de Cangas, José Enrique Sotelo, o noso proxecto de rodar un documental sobre a fábrica de Massó. Tamén para pedirlle uns permisos. Isto é o que lle dixemos:

Somos os nenos/as de 6º do C.E.I.P. A Rúa e queriamos explicarlle o Proxecto “Cine en curso” no que estamos a participar.

A finalidade do mesmo é achegar ós alumnos/as de Galicia, Cataluña, Madrid e Arxentina ó mundo do cine, mediante a realización dunha curtametraxe documental sobre un espazo ou un oficio.

Nesta edición presentámonos co noso traballo “Cineando ilusións”, que foi seleccionado xunto con outros tres de toda Galicia.

Decidimos por consenso que o noso documental trataría sobre a fábrica de Massó, xa que foi moi importante para o pobo e forma parte da Historia de Cangas.

O primeiro paso que demos foi a documentación. Xuntámonos por grupos e buscamos en libros e na web toda a información posible sobre a fábrica.

Para saber máis, conversamos con familiares e coñecidos que estiveran vinculados a Massó. Tanto profesoras como alumnos/as estamos sendo asesorados polo C.G.A.I. (Centro Galego de Artes da Imaxe), en concreto por un cineasta profesional que nos está axudando na elaboración do guión, no manexo do equipo de rodaxe, na filmación e na montaxe do documental.

Agora temos que iniciar a rodaxe e necesitamos da súa autorización para gravar nos terreos de Massó. Posteriormente, gustaríanos proxectar o documental no auditorio municipal, coa súa colaboración.

Moitas grazas polo seu tempo e atención.

Ver noticia no xornal Faro de Vigo

Luces, cámara, Massó!!

Este martes día 18 de marzo comezamos a rodaxe. Dividímonos por grupos para filmar mañá e tarde durante 3 días.
 
O primeiro día gravamos polo exterior da fábrica e tamén na baleeira. O segundo día entramos na nave principal e a experiencia foi impactante porque é inmensamente grande!!!! Aínda que hai moito "lixo" que debería ser retirado, atopamos reliquias da fábrica, dignas dun museo: osos de baleas, caixas rexistradoras, latas de conserva, maquinaria, reloxos, ánforas onde se gardaba o aceite,básculas, unha grande áncora...

Tamén gozamos aprendendo a manexar o equipo de rodaxe, pasando todos os nenos polos distintos postos: director/a, cámara, sonidista, cablista, script e fotógrafo/a. Tivemos a oportunidade de decidir os planos libremente, en función dos nosos intereses, sendo aconsellados polo cineasta. 

Gravamos a persoas vinculadas con Massó falándonos da fábrica. Hoxe imos ter o privilexio de conversar coa asistenta social, Ana María Soto Landeira, de 92 anos para contarnos a súa experiencia. 

Somos moi afortunados/as de poder participar neste proxecto de cine que é unha experiencia inesquecible. 

Ler noticia no xornal Faro de Vigo

17/03/14

CHEGA A PRIMAVERA Á RÚA

CEIPARUA
Os nenos e nenas de 5º prepararon o balcón do cole
Noel traballou con moito empeño
Un traballo feito con moito mimo

Adri ,de 3º de primaria truxo un pexegueiro da casa...
...para compartilo con todos/as

Os peques do cole adornaron o xardín...
...con  flores de distintas cores

01/03/14

DÍA DE ENTROIDO, UN DÍA DE CINE!!!

CEIPARUA
Este ano, como non podía ser doutro xeito, os disfraces estaban relacionados co cine.
Os nenos e nenas de Infanil elixiron a peli de Madagascar.
O primeiro ciclo disfrazouse dos indios de Spirit.
O segundo ciclo quixo bailar baixo a chuvia.
E no terceiro ciclo había Piratas do Caribe en 5º e para completar un gran día de cine, non podían faltar unhas divertidas butacas de 6º.

28/02/14

MATRÍCULA 2014-2015

CEIPARUA
Comeza o período de matrícula para o curso 2014-2015

Os postos escolares vacantes están publicados no taboleiro de anuncios do centro.

Prazos:
  • Solicitude de admisión e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
  • Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 24 de marzo ao 4 de abril.
  • Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: antes do 25 de abril.
  • Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: antes do 15 de maio.
  • Formalización de matrícula: do 20 ao 30 de xuño.

Documentación necesaria: 
  • Impreso de solicitude de admisión (recóllese en Conserxería) 
  • Fotocopia do libro de familia ou do DNI - 2 fotografías tamaño carné 
  • Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas 
  • Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
  • Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso

27/02/14

UNHA CARTELEIRA MOI ESPECIAL

CEIPARUA
Peli de indios e vaqueiros

Unha de príncipes e princesas

De superheroes
Unha do medievo
Pero se son Mary Poppins!!!

Ó infinito  e máis alá!!!!!!!!

Cine oriental

E como non,UNHA PELI DE ANIMACIÓN!!!

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates