É verán pero en Gaza "arrecia" a chuvia, unha chuvia de sacapenas, morna, doce, cheíña de afectos para poñer tiritas ás dores da alma dos cativos/as de Gaza que, imaxinamos, debuxarán nas pozas un grande sorriso :-)
11 centros educativos fixemos realidade este soño, a todos e cada un deles dedicámoslles esta entrada.
Queremos facer extensivo o noso agradecemento á Fundación Araguaney que nos deu ás para voar a 4000 kilómetros de distancia.
Queremos facer extensivo o noso agradecemento á Fundación Araguaney que nos deu ás para voar a 4000 kilómetros de distancia.
Grazas
Grazas por compartir unha ilusión,
Grazas por facela posible,
Grazas polo traballo ben feito,
Grazas por sumar afectos,
Grazas por construír unha escola aberta ao mundo
Grazas :-)
E a vós por ensinarnos o camiño,
ResponderEliminarpor deixarnos recorrelo da vosa man,
por contaxiar a ilusión polo proxecto,
por multiplicar afectos,
e por agradecer, que non é pouco!
POR ESA ESCOLA ABERTA AO MUNDO, GRAZAS !
;-)
Un bico agarimoso e Feliz Noite de San Xoán, desde a Biblioteca do CEIP de Pazos.
Grazas a vós por ese proxecto tan maravilloso, que nos xuntou a todos e todas.
ResponderEliminarFoi unha honra formar parte desta actividade. Nunca esqueceremos.
ResponderEliminarSó me queda darvolas GRAZAS a vós por nos permitir ter a sensación de que colaboramos, anque fóra un pouquiño, a paliar tanta dor.
Grazas a vós, promotores desta iniciativa. Moitos non puidemos colaborar cos sacapenas, pero estivemos atentos e esperanzados de que puidese saír adiante.
ResponderEliminarO noso agradecemento en O Segrel
ResponderEliminarFelices vacacións!!
Bicos dende Fene