Aquí tendes a Orde onde se especifica o procedemento para a solicitude de bolsas destinadas á adquisición de libros de texto.
ATENCIÓN:
Agradeceriamos que, se ides solicitar a bolsa e contades con internet na casa, cumprimentedes o anexo I a través da rede para que así o centro escolar non teña que introducir un a un os datos de cada familia. Moitas grazas.
Este enderezo lévavos directamente ó anexo I:
http://gratuidadesolidaria.xunta.es/documentos/formulario_solicitude_anexo_I_galego.pdf
Segundo se indica na citada Orde, as persoas que desexen optar á axuda deberán presentar a solicitude, segundo o anexo I.
AS SOLICITUDES poderán obterse nos centros educativos, nos Departamentos territoriais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e TAMÉN SE PODERÁN CUMPRIMENTAR NO ENDEREZO ELECTRÓNICO CITADO ANTERIORMENTE entregándoas, unha vez impresas, no centro escolar.
Por se tendes dúbidas, podedes acceder dende aquí á Guía rápida para as axudas á adquisición de libros de texto.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.