Invitamos a todos os pais e nais do alumnado do CEIP A Rúa a participar na Escola de pais e nais que organiza o departamento de prevención do Ilmo. Concello de Cangas e na que colaboran a ANPA do noso colexio e o Departamento de Orientación.
A primeira sesión será o vindeiro xoves, día 21 de outubro, ás 17:00, no CEIP A Rúa. Despois celebrarase unha sesión cada quincena.
Unha escola de pais e nais trata os temas que máis nos preocupan sobre a educación e relación cos nosos fillos e fillas, e permite compartir os nosos puntos de vista cos doutros pais e nais.
É moi importante a vosa presenza, pois para que esta actividade se leve a cabo necesítase unha participación mínima de 12 pais e nais.
Lembrade que podedes traer aos vosos fillos/as pois temos unha coidadora que se fará cargo deles!
ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.