Visita o blog "Rizando o rizo" de 5º de primaria
Estivemos buscando información sobre Lois Pereiro, homenaxeado pola RAG o 17 de maio do vindeiro 2011. Aprendemos, entre outras cousas, que era un representante da vangarda.
A profe recordou que os caligramas foron un signo de vangarda a principios do século XX; ensinounos algúns e animounos a crear os nosos propios.
Deixámosvos aquí uns cantos como primicia:
A profe recordou que os caligramas foron un signo de vangarda a principios do século XX; ensinounos algúns e animounos a crear os nosos propios.
Deixámosvos aquí uns cantos como primicia:
I'love you, en inglés.
Ti amo en italiano.
Pero lo mucho que te quiero,
te lo digo en castellano.
Tinta en un tintero,
pero con mi sangre
te escribiría te quiero.
(Dedicado a Lara)
Miguel
Me he levantado,
me he lavado,
he desayunado.
Aunque estaba dormido,
me he vestido,
he ido al colegio,
he estudiado,
he jugado
y a casa me he ido.
Iván
Eu teño unha casa
que é moi descolorida,
ten dúas ventás redondas
e unha porta amarela.
No tellado hai dous paxariños
comendo uns "gusaniños",
¡que rico!
Nadia
Eh! gatiño!
Vén para acá,
ti es o meu berce de soidade.
Veña! Vén para acá!
Eu quérote, meu animal.
Iria Miranda
Eu ao meu can
lánzolle a pelota
e vaina buscar
saltando e brincando,
correndo e ladrando.
Iria Miranda
A que son chulísimos???!!!
Pouco a pouco subiremos ó blog o resto dos caligramas.
Temos algúns en inglés!!! :-)
Pouco a pouco subiremos ó blog o resto dos caligramas.
Temos algúns en inglés!!! :-)
3 comentarios:
- Sodes uns verdadeiros poetas, moi creativos/as. Estou francamente ilusionada cos vosos escritos e co voso interese e esforzo. Grazas a todos/as, seguide así. É un pracer compartir as clases de Lingua con vós, pásanme voando e aprendo moitísimo! Bicos e libros Ana
- Encantáronme estes caligramas. Os poemas,orixinais, auténticos e, en moitos casos, ben ricos. Magnífico "esa tinta, ese tintero e ese te quiero". Seguide lendo porque, sen vos decatar, estaredes interiorizando versos e adquirindo unhas ferramentas valiosas para facer poemas. Xa sabedes que a poesía non se ensina, fíltrase e se vos mergullades polos versos dos/das poetas mollarédesvos de imaxes, xogos, riqueza de vocabulario etc. Roubade versos, metáforas, símiles...así aprenderedes. Parabéns e seguide lendo e escribindo. Bicos e versos. Antonio García Teijeiro
- Marabillosos poemas. Hai moita ilusión e moito traballo detrás. Lede, roubade versos, imaxes, temas, matáforas e tede en conta que a poesía non se ensina, fíltrase. Así que seguide achegándovos a ela e ides sentila moi preto de vós. Son moi feliz ao saber que rapaces e rapazas coma vós estades sentindo dentro a poesía. Parabéns. Bicos e versos. Antonio García Teijeiro
Norobao polos vosos caligramas. Seguide deixando voar a vosa imaxinación e de seguro que nos seguiredes sorprendendo con traballos tan orixinais como estes. Biquiños.
ResponderEliminar