O venres celebramos no cole de A Rúa o Entroido deste ano. Xa levabamos toda a semana esperando este día e estivemos moi atarefados preparando o desfile, tanto os disfraces como as coplas para cantar. Traballar traballamos, pero comida tampouco falta eh! Como este ano temos A Alimentación como "tema núcleo", tamén estamos fartos de cociñar e de meter para o bandullo todo canto facemos, pois está todo delicioso!
Despois do recreo chegou a hora do desfile, e alá fomos todos e todas. Sabedes de que nos disfrazamos este ano? Pois si, de algo relacionado coa comida e a alimentación! Os de educación infantil ían diante, disfrazados de camareiros e camareiras, e parecían uns expertos profesionais, de elegantes que estaban, cos seus traxes, o pano colgando do brazo e a bandexa chea de manxares na man. Máis que un desfile de camareiros/as parecía un desfile de modelos!
Seguíanos os de primeiro ciclo cos seus disfraces de berenxenas, que tamén foron ben orixinais! E ademais levaban un grande estandarte.
Logo os de segundo ciclo ían de cociñeiros/as cuns sombreiros ben vistosos, ata parecía que algún o collera prestado nun barco pirata! Xa pechando o desfile ían os de 3º ciclo disfrazados de caramelos multicolores.
Despois, no patio cantamos as coplas, primeiro os de infantil, despois os de 1º ciclo, os de 2º ciclo e remataron os de 3º ciclo.
AS COPLAS PODEDES LELAS AQUÍ
Por último, de despedida, queimamos ao meco no medio do patio, e levou o seu merecido por querer comer a merenda dos nenos e nenas.
Agradecemos a presenza de moitos papás e mamás que viñeron animarnos a todos!
08/03/11
CEIPARUA / Autor & Editor
Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Foi moi divertido este día.
ResponderEliminarA min encantoume cando queimaron o meco.
ResponderEliminarIria de 2º
que ben o pasamos: todos moi guapiños, coplas fantásticas, bo ambiente!!! este cole é O MELLOOOR!!!
ResponderEliminar