Antes do desfile, para coller forzas, inchámonos a comer orellas, filloas e outras lambonadas que trouxeramos da casa.
Así que despois do recreo preparámonos coas nosas galas e saímos ao patio para o desfile. Cada ciclo de infantil e primaria levaba un traxe diferente:
Os nenos e nenas de infantil iamos disfrazados de astronautas da NASA, co traxe espacial, a maleta de aire, e tamén levamos o noso foguete para ir ao espazo.
Os nenos e nenas de primeiro ciclo disfrazámonos de chuvia, con nubes, raios, pingas, vento e todo fenómeno atmosférico que se relacionase. Tamén fomos os encargados de levar o estandarte do desfile.
Os nenos e nenas de segundo ciclo fomos co disfraz de soldadiños de chumbo, con gorro, escopetas, e como non... tamén co acompañamento dos tambores.
Os nenos e nenas de terceiro ciclo disfrazámonos de exipcios, e iamos adornados con colares, pulseiras, diademas, aneis... e pintadiños tal cal os exipcios.
Ao rematar o desfile xuntámonos no patio e cada ciclo de infantil e primaria cantou e bailou as coplas que tiña ensaiadas. Todos estiveron moi ben, pero especialmente os de terceiro ciclo co seu baile exipcio, que foi moi aplaudido.
Xa de colofón, só quedou queimar o meco, e hai que dicir que se resistiu á fogueira, pois por un fallo técnico caíu ao chan antes de arder, e non lle quedou máis que consumirse alí mesmo, a pesar dos intentos de reanimación dun espontáneo do público.
Podedes ver o resto das imaxes nesta presentación:
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.