Hoxe tivemos a sorte de asistir á primeira representación da obra de teatro "O circo dos olvidados". Correu a cargo do grupo ATRAPATEATRO. Todo o alumnado e o profesorado do cole seguimos con afán e sen perder detalle o desenvolvemento da obra. Quedamos abraiados da extraordinaria interpretación dos actores e actrices, da posta en escena, da música...
Cando rematou, todos aplaudimos a rabiar, ninguén quería marchar.
Só o alumnado de 4º tivo a oportunidade de ensaiar uns cantos números de circo no patio do colexio tendo como monitores aos actores e actrices, ¡¡que sorte!!
Queremos felicitar a todas as persoas que fixeron posible esta magnífica representación.
Noraboa e moitas grazas.
Era moi chula porque a música era romántica e o domador de bailarinas o facía moi ben coma todos os actores e tiñan moita imaxinación. O fixeron moi moi ben.
ResponderEliminarTeo
A obra foi moi chula. A min o que máis me gustou foi o domador das bailarinas e tamén a moza que lle daba vértigo o chan e aprendeu a andar na corfa frouxa.
ResponderEliminarSarai
Gustoume moito a obra de teatro. O que máis me gustou foron as bailarinas, a roupa e a trapacista. A obra de teatro foi moi divertida.
ResponderEliminarRosemary
A obra gustoume moito porque os actores facían cousas moi divertidas. O que máis me gustou foi cando o domador domou ás bailarinas porque as bailarinas facían moitas trastadas.
ResponderEliminarXaime
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarO que máis me gustou foi o domador de bailarinas, a que se hipnotizou a si mesma e a que dirixiu a banda.
ResponderEliminarLena