Os nenos/as de 1º e de 2º coas profes xuntámonos na Biblioteca á hora de ler porque veu Marta, a mamá de Antón, para explicarnos os diferentes materiais e as distintas técnicas que utilizou no cadro que pintou de D. Quijote e Sancho Panza. Os cativos estiveron moi atentos e fixéronlle preguntas sobre a súa obra.
Foi unha sesión moi interesante. Ao final... ¡REGALOUNOS O CADRO PARA O COLE!
Grazas Marta por dedicarnos parte do teu tempo libre e por regalarnos esta obra de arte.
Marta explícanos como fixo o cadro.
Algúns dos materiais que utilizou.
D. Quijote e Sancho Panza.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.