Este
curso, o C.E.I.P. A Rúa participou no proxecto
"BARXAS EMPRENDE: CREACIÓN DE UNA EDITORIAL", unha
actividade
interdisciplinar e creativa
que pretende fomentar a cultura
emprendedora na
Educación Secundaria a través da creación e xestión dunha
editorial no instituto, especializada na elaboración
e difusión de libros ilustrados para nenos/as,
realizados totalmente por alumnos/as.
O
proxecto partiu do I.E.S. AS BARXAS pero convertiuse nunha gran
experiencia didáctica interdepartamental e intercentros,
entre eles o noso. A data de presentación do libro BARXILÓN NO MAR
DO LATÓN será o mércores 10 de xuño ás 18:00 no Salón de Actos
do I.E.S. AS BARXAS. Animamos ás familias a asistir a este acto en
compañía dos seus fillos/as. Se estades interesados en asistir,
pregamos a vosa confirmación antes
do venres 5 de xuño
para poder organizar o espazo do que dispoñemos.
A seguir presentámosvos as colaboracións do CEIP A RÚA:
QUE É UN MEXILLÓN?
Neste simpático vídeo, os nosos compañeiros de infantil do CEIP A RÚA,
explican o que eles entenden que é un mexillón. E un material moi útil,
xa que serveunos de guía a hora de plantexar actividades didácticas
orientadas a esa idade.
FACEMOS PATÉ DE MEXILLÓN
Os pequenos de 3 anos do CEIP A RÚA, fixeron un obradoiro de cociña inspirado en Barxilón. Aquí mostran como facer un sabroso paté de mejillón que xa quixeran os profesionais.
CÓMO IMAXINAN A BARXILÓN OS NENOS DO CEIP A RÚA
Unha vez escrita e ambientada a historia de Barxilón, os nenos de infantil e primaria do CEIP A RÚA, realizaron debuxos de como crían que era. Todos os nenos do cole fixeron a súa aportación, saíndo Barxilóns moi diversos, demostrando unha gran creatividade e orixinalidade. Aquí tedes unha mostra das obras destes ARTISTAS:Todas as actividades relacionadas con este proxecto atópanse publicadas no blog "Porque un libro es una obra de arte"
![]() |
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.