27/01/16

Charlas do servizo de Protección Civil sobre o Plan de Autoprotección Escolar

Xosé
O martes día 26 de xaneiro visitaron o noso centro membros do servizo de Protección Civil, que impartiron charlas a todo o alumnado, desde educación infantil ata 6º curso de primaria para explicarnos o Plan de Autoprotección Escolar. A semana anterior xa instruíran cunha charla ao profesorado do centro.
Explicáronnos con moito detalle todos os pasos a seguir no caso de que houbese un incendio na escola, e ao final fixemos un simulacro de evacuación con fume incluído!

Os pasos a seguir son os seguintes:

1. Ao darnos aviso saímos da aula todos xuntos, en ringleira india, sen separarnos uns dos outros
2. Pechamos as ventás da aula
3. Seguimos as indicacións que hai nas paredes indicando a dirección de saída
4. Camiñamos pegados as paredes e ás barandas da escaleira, para evitar tropezóns.
5. Se hai fume debemos ir agachadiños e cubrirnos a cara cun pano
6. Ao saír do centro debemos ir ao punto de encontro para poder contarnos e ver que non falte ninguén.


Xosé / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates