14/11/17

Magosto de romaría

CEIPARUA





Celebramos xuntos toda a comunidade educativa, no mes de novembro, esta festa no patio do colexio. Este ano queriamos celebrar un magosto diferente. Así que celebramos a “ I Romaría – Magosto na Rúa”.
O alumnado traballou na aula o significado desta festa tradicional e tamén o significado de “Romaría”.






O alumnado de 4º de primaria preparou un posto de castañas con decoración e vestimenta propia das castiñeiras que as venden. Nese posto repartíronse castañas asadas a cambio dunha etiqueta que elaborou o alumnado de infantil para toda a comunidade escolar.







Outras actividades desta romaría foron:


Un Photocall con ambientación de magosto realizado por 5º.





Un posto para que se puideran degustar doces típicos do magosto elaborados polas familias con castañas.
Realizáronse unha serie de obradoiros nos que as familias participaron xunto cos seus fillos e fillas:
Impresión de follas de outono.- unhas nais ensinaron aos nenos e nenas a imprimir follas de outono nas camisetas. 


·        “Trompos (buxainas) ao camiño”.- algúns pais e nais ensinaron aos nenos a xogar con este aparello . foi moi divertido, pero antes de xogar decoraron as buxainas cos cores moi rechamantes





Realizámos diferentes xogos populares. O das cadeiras colaborativas foi todo un éxito. Desfrutaron alumnado e familias xogando xuntos

 
·        Nos encantou tanto a rapazada como aos maiores foi decorar con xices  de cores o patio de cemento.
Toda esta romaría estivo amenizada con música tradicional coa colaboración dunhas nenas pandereteiras

CEIPARUA / Autor & Editor

Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.

0 comentarios:

Publicar un comentario

Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.

Coprights @ 2016, Blogger Templates Designed By Templateism | Distributed By Gooyaabi Templates