Cando chegou o Entroido,
unha gran festa de diversión e colorido, este ano démoslle un cambio
importante: disfrazámonos de “Farrovellos”. Estes eran os disfraces que usaban
os nosos avós no pasado na zona de Cangas.
Quixemos este curso retomar
o entroido antigo de Cangas e revivilo na nosa escola.
O primeiro que fixemos foi
informarnos ben de como era e se celebraba ese entroido. Despois de investigar
e recompilar fotos dese pasado, o alumnado de 3º de primaria realizou unha
presentación para darlle a coñecer ao resto do alumnado. Pinchade no link para velo.
O alumnado distribuídos en diferentes grupos
formados por nenos e nenas mesturados desde infantil a 6º de primaria, foi construíndo o seu propio disfrace con
roupa vella. Cada grupo ía acompañado por un mestre
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.