NOTA INFORMATIVA: PROGRAMA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR E PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO 2018-2019
De acordo coas instrucións recibidas da Dirección Xeral de Recursos Humanos, a gratuidade solidaria de libros de texto para o próximo curso escolar 2018-2019 levarase a cabo mediante o seguinte procedemento:
1. AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO:
· Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
· Cursos aos que afecta: 1º, 2º de Primaria.
· Requisitos:
ü Estar matriculado en 1º ou 2º de Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros.
· Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño
2. FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO:
No noso colexio non haberá fondo de libros xa que en 3º e 4º de Primaria non se utilizarán libros de texto e no caso de 5º e 6º están incluidos no Proxecto de Educación dixital ( E-DIXGAL). Non obstante, terán dereito á axuda para adquirir material escolar.
3. AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR
· Normativa: Orde do 9 de maio de 2018 (DOG do 21 de maio).
· Cursos aos que afecta: 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria.
· Requisitos:
ü Estar matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2018-2019.
ü Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
ü Ter unha renta per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €
· Prazo: Do 22 de maio ao 22 de xuño
As solicitudes poderán presentars por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben pedir os impresos na Conserxería do centro.
Máis información no DOG do 21 de maio de 2018 en https://www.edu.xunta.es/axudaslibros/
Moitas grazas
O equipo directivo
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.