INÍCIASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE MATRÍCULA DO CURSO 19-20.
A CONTINUACIÓN EXPÓÑENSE OS PRAZOS DE PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN.
Prazos:
- Solicitude de admisión (Anexo II) e entrega de documentación: do 1 ao 20 de marzo.
- Presentación de documentación adicional se hai que baremar: do 25 de marzo ao 5 de abril.
- Publicación de listas provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.
- Reclamacións ás listas provisionais: do 26 de abril ao 6 de maio.
- Publicación de listas definitivas de admitidos e non admitidos: 15 de maio.
- Formalización de matrícula (Anexo III): do 20 ao 30 de xuño.
Documentación
necesaria para formalizar a matrícula:
- Impreso de formalización de matrícula (Anexo III): recóllese en Conserxería ou online.
- 2 fotografías tamaño carné.
- Fotocopia do libro de familia ou do DNI
- Certificado médico ou fotocopia da cartilla de vacinas
- Fotocopia da cartilla da seguridade social ou seguro do/a neno/a
- Certificado de matrícula do centro de procedencia, de ser o caso
- Certificado de empadroamento (so no caso de baremar)
Información de interese:
- Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- Que o alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Lexislación de referencia:
- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)
- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/03/2013)
- Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.