É habitual que no
ciclo de educación infantil veña algunha familia a contarnos algún conto. Este
curso visitounos unha nai da aula de 4 anos con dous contos. Un sobre a illa de
Ons e outro que utilizaban en casa para practicar a lingua inglesa.
Tamén tivemos a
sorte de escoitar a lectura dun libro por parte dunha mamá científica, que nos
falou do seu traballo, a partir do conto titulado Marie Curie da colección Pequeña y Grande.
Da mesma familia
tamén nos visitou o director da asociación Arela, que tamén nos falou do seu
centro de traballo a través dos Bolechas, e nos agasallou con algúns materiais
destes personaxes.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.