O prazo de ADMISIÓN DE ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA no noso centro para o curso 2020-2021, estará aberto dende o 1 ao 20 de marzo (Lémbrase que o 19 de marzo é festivo e o 20 é día non lectivo para os centros públicos de Cangas). Dirixido ao alumnado que vén doutros centros ou para os/as que se incorporan por primeira vez ao sistema educativo.
• Os interesados/as poden facer a reserva:
Directamente na web: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/
Entregando no centro o Anexo II (dispoñible na conserxería do centro)
• Documentación necesaria:
- Solicitude cuberta (Anexo II).
- Fotocopia do libro de familia ou do DNI do alumno/a.
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio (de ser o caso).
- Se o alumno/a procede doutro centro da Comunidade Autónoma de Galicia, solicitar un certificado de matrícula (informe AL997) na secretaría do centro de orixe.
As vacantes para o curso 2020-2021 son:
CURSO | Nº DE PRAZAS OFERTADAS | PRAZAS NEAE | PERMANENCIAS | Nº DE VACANTES |
4º Infantil | 25 | 3 | 0 | 25 |
5º Infantil | 25 | 15 | 10 | |
6º Infantil | 25 | 21 | 4 | |
1º Primaria | 25 | 3 | 20 | 5 |
2º Primaria | 25 | 22 | 3 | |
3º Primaria | 25 | 25 | 0 | |
4º Primaria | 25 | 21 | 4 | |
5º Primaria | 25 | 21 | 4 | |
6º Primaria | 25 | 23 | 2 |
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.