
De seguido, conversamos acerca do que acabamos de ver e escoitar…
- Como vivían os homes/mulleres da Prehistoria?“No monte, en covas, cavernas,. Eran frías, escuras. Non había luz”
- Como se vestían? “ con pouca roupa, a roupa estaba feita de pel dos animais”.
- Que comían? “ prantas, raíces, o que cazaban e o que pescaban”. Comían coas mans.
- Con que xogaban os nenos? “ cos ósos, pedras, paus, terra…” “ non tiñan xoguetes, nin tele nin consola”, “ que aburrido era!!!!”.
Outras observacións interesantes….” Non había mobles nas covas”,
“ non tiñan camas para durmir”, “ facían lume con paus e pedras que lles servía para quentarse e facer comida”. “ Croniñón non tiña pinturas como as nosas, nin xoguetes”.
“Este conto fala dos antepasados, da Prehistoria, fai moitos moitos anos”.
Estas son algunas das afirmacións e curiosidades que comentaron os grupos, os seus coñecementos previos e os seus razoamentos marcan puntos clave do que iremos descubrindo nas sesión posteriores. Deste xeito, buscarán información en libros e revistas da nosa Biblio para confirmar o que xa saben e completar algunhas das súas curiosidades…
A LIÑA DO TEMPO
A Prehistoria marca o comezo da aparición do home, das súas costumes, vida e descubrimentos que iremos conformando ó longo deste Obradoiro. Ofrecemos ó ne@s que ordenen cronolóxicamente 3 tarxetas nas que aparecen representados; formación do Universo, dinosaurios e a Prehistoria.

Ademáis colocamos nunha alfombra, 3 tapetes onde en cada un estará colocado o propio de cada etapa seguindo a Liña do Tempo ; planetas, Dinosaurios e Prehistoria, con material para manipular e experimentar de forma individual ou en pequeno grupo, unha maneira de interiorizar o paso do tempo a través do xogo.
MINIMUNDOS PREHISTÓRICOS

PINTURA RUPESTRE
Tinguimos auga con azafrán, café e pimentón dulce. Con pinceis preparados para a ocasión e folios en branco comezan a aparecer as primeiras pinturas rupestres.. Ata algún nen@s empregaban as súas propias técnicas como o “salpicado “ incluso chegan a representar letras.
Unha das labores das mulleres eran a de preparar as roupas empregando a pel dos animais que cazaban, empezaron tamén a empregar telares sinxelos para fabricar texidos.
Para que experimentaran a fabricaciónde teci, preparamos un telar con fíos de trapiño para tecer en diferentes direccións coa presencia ademáis dunha lámina informativa e un libro onde aparece esta tarefa.
Para dar continuidade a este Obradoiro, de forma cronolóxica e tendo en conta o interese que amosaron os grupos pola Prehistoria, indagaremos no seguinte Obradoiro na Escritura.
Imos recrear os comezos da nosa escritura máis primitiva simulando homes /mulleres da Prehistoria . Saímos ó patio para escribir cuns paus na area….
Posteriormente, representan sobre o papel e imitan bastante a Croniñón co seu mamut.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.