Esta é a carta que imos enviar aos nenos e nenas de Gaza.
Falamos cunha ONG que se vai encargar de que chegue ao seu destino.
Tamén van traducila ao seu idioma, para que a comprendan.
Ola, nenos e nenas palestinos:
Somos os nenos e nenas de 1º de Primaria do colexio A Rúa de Cangas de Morrazo, en Galicia (España).
Mandámosvos sacapenas para sacar o voso medo. Compartídeos e poñédeos debaixo da almofada. Contádelle unha pena a cada un porque así quedaredes máis tranquilos.
Queremos que pare a guerra dunha vez por todas e que non morran máis persoas. Que dialoguen os xefes de Gaza e Israel.
Moitos bicos de todos e todas e que os sacapenas vos poñan contentos.
Mario, Candela, Sergio, Soukaina, Álvaro, Anira, Rubén, Yanira, Nico, Cristina G., Laura, Néstor, Andrea, Pedro, Ían, Hanane, Antón, Celeste, Cristina O., Inés e Santi
A carta percorrerá 4000 kilómetros, o que podedes observar neste mapa.
Visualizar o mapa ampliado
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
¿En que medio de transporte viaxaran os sacapenas?
ResponderEliminarProbablemente farano en avión, pois con tanto temporal vai ser difícil que cheguen en barco ;-)
ResponderEliminarqué bonecos tan bonitiños...
ResponderEliminarOs nenos e nenas de Malpica, tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
ResponderEliminar¿Cantas penas poderemos sacar entre todos/as?
Grazas por tomar a iniciativa.
Os nenos e nenas de Malpica tamén se queren unir á vosa fantástica idea.
ResponderEliminar¿Cantas penas sacaremos entre todos?
Grazas por tomar a iniciativa.
Grazas, Adelaida,pola túa sensibilidade. Foron feitos con moito amor e ilusión e iso nótase.
ResponderEliminarUnha aperta dende Cangas.
Leo, que felices nos facedes sumándovos á nosa iniciativa!
ResponderEliminarGrazas a vós por compartila connosco.
Non sei se sacaremos moitas penas pero axudaremos a coser algunhas feridas abertas, estou segura!!
Unha aperta afectuosa a todos e todas