Os cativos de 1º estamos moi tristes pola guerra de Gaza.
O outro día a profe Ana leunos o libro Sacapenas. Fala da tradición guatemalteca de colocar sacapenas, monecos pequeniños, debaixo da almofada por cada pena ou preocupación que teñas, así desaparecerá.
Decidimos enviarlles ós pícaros/as de Gaza uns sacapenas elaborados coas nosas mans. Acompañarémolos cunha carta que estamos a redactar.
Estes días falamos de moitas cousas:
-"Temos que parar esta guerra XA! Cos sacapenas non imos parala " :-( , dicía Soukaina.
- "Xa sabemos que non imos parala, pero os nenos quedarán máis tranquilos", comentaba Cristina.
-"Para unha pena tan grande necesitabamos un sacapenas tan grande coma un coloso", engadía Sergio.
Animamos a tódolos nenos e nenas do cole a que tamén elaboren sacapenas para envialos a Gaza, son moitos e están moi tristes, seguro que o agradecerán.
Aquí deixámosvos unhas fotos do que estamos a facer.
En canto teñamos redactada a carta colgarémola no blog.
Facendo sacapenas con pasta de madeira.
Estes sacapenas feitos con tanto esmero e cariño seguro que lograrán tranquilizar aos nenos e nenas, como di Cristina.
ResponderEliminarFelicidades por este traballo.
Parabens por esa iniciativa tan bonita. Seguro que os nenos e nenas de Gaza van sentirse menos tristes con eses Sacapenas.
ResponderEliminarEstupenda iniciativa. Todo polos nenos, que son a víctimas máis inocentes nos conflictos.
ResponderEliminarUnha idea fermosa; seguro que ten bos resultados, o cariño sempre o ten.
ResponderEliminarÉ unha iniciativa fermosa.
ResponderEliminarComo debemos facer os sacapenas para donar?
unha aperta!
qué idea tan bonita...Ogallá chegara a Gaza unha pequena parte do cariño que hai neses bonecos.
ResponderEliminarAos mozos e mozas de O Segrel e a moitos profes encantounos a idea de fabricar Sacapenas para os nen@s de Gaza e xa estamos argallando como facelo. Así que xa sabedes, contade con nós para levar adiante esta fermosísima iniciativa.
ResponderEliminarBicos de mel dende Fene !!
Liliana, grazas polas túas palabras. Os sacapenas nós fixémolos con pasta de madeira (figuras planas), teas recortadas e pegadas para a roupa e plastilina para ollos, nariz e boca. Simplemente utilizamos este procedemento para que fosen máis sinxelos para os nenos e nenas, pero poden facerse como é a tradición guatemalteca: con dous paus cruzados e coséndolle teas.
ResponderEliminarGrazas,compañeiras de Quintela, por valorar o traballo e a solidaridade dos nenos e nenas do CEIP A Rúa.
ResponderEliminarUn bico de Cangas a Moaña, pola "vía rápida".
Ao profesorado e aos mozos e mozas do Segrel:
ResponderEliminarAgradecémosvos de corazón que vos sumedes a esta iniciativa. Contamos convosco. A ver se atopamos algún medio de facer o envío, por agora aínda non temos nada concertado.
Xa que chega o entroido,
bicos de chulas dende Cangas!!!
Emilio,o resultado xa está aquí, o teu cariño recibímolo en forma de comentario e sumarémolo ós que enviaremos ata Gaza.
ResponderEliminarGrazas
Adelaida, ten por seguro que chegará a Gaza empuxado polo teu alento.
ResponderEliminarUn bico afectuoso dende Cangas.
Endora, grazas polo teu comentario. Estou de acordo, os nenos e nenas son as víctimas inocentes dos conflitos bélicos e, non só iso, probablemente arrastrarán as secuelas de por vida, sendo adultos que medrarán no resentimento. Por todo isto, educar para a paz é o noso labor máis salientable.
ResponderEliminarUnha aperta afectuosa dende Cangas