Hoxe celebramos a festa de entroido no cole. Todos e todas nos disfrazamos de algo relacionado coa tecnoloxía e os ordenadores, pois este ano o noso tema núcleo son as TIC.
Fixo bo día, así que primeiro saímos ao patio e fixemos un desfile polos arredores do colexio. Diante ían os nenos e nenas de 1º ciclo, e logo os de Infantil e todos os demais cursos ata sexto.
Fixo bo día, así que primeiro saímos ao patio e fixemos un desfile polos arredores do colexio. Diante ían os nenos e nenas de 1º ciclo, e logo os de Infantil e todos os demais cursos ata sexto.
Os disfraces eran os seguintes:
Infantil de 3 anos: pescadores navegando pola rede
Infantil de 4 anos: piratas informáticos
Infantil de 5 anos: Robots electrónicos
Primeiro ciclo: Ratos cibernéticos
Segundo ciclo: Carteiros cibernéticos
Terceiro ciclo: Emoticonas
Ao rematar o desfile cada ciclo cantou as coplas que tiña ensaiado mentres os demais se fartaron de rir e despois aplaudiron.
Aquí temos un vídeo coas coplas dos nenos e nenas de educación infantil
E aquí outro coas coplas dos nenos de primeiro ciclo
Agora as coplas dos nenos e nenas de segundo ciclo
No remate da festa queimamos o meco no medio do patio, e aínda que ardeu despazo non quedou nada del.
O resto das fotos podedes velas neste enlace
Grazas por esta reportaxe tan completa e tan puntual.
ResponderEliminarEn nome de todo o profesorado, quero agradecer a participación e colaboración das familias na festa do entroido do CEIP A Rúa. Por certo, parabéns ás cociñeiras/os, as chulas, orellas, filloas, melindres...estaban boísimos, dou fe.
ResponderEliminar