Ben, por fin un pouquiño de apoio...
Mirade esta nova publicada hoxe no Faro de Vigo
AS ANPAS EXIXEN A GRATUIDADE DOS LIBROS DE TEXTO E BNG E PSOE APOIAN AS SÚAS DEMANDAS NO PLENO
Urxen que se manteña o sistema do pasado curso académico
REDACCIÓN - O MORRAZO A loita que manteñen varias asociacións de pais e nais (Anpas) de colexios da comarca atoparon eco nos grupos municipais de BNG e PSOE, que presentaron sendas mocións para o seu debate no pleno desta tarde en Cangas nas que instan á Xunta a garantir a gratuidade dos libros de texto e do material curricular no vindeiro curso académico.
"A Educación constitúe un dereito básico e universal de toda a cidadanía", sosteñen os demandantes, e esixen que se continúe co modelo de gratuidade impulsado polo anterior goberno, con fin de lograr un sistema educativo "universal, de calidade e gratuíto para todos e todas".
Os pais e nais integrados na Plataforma Galega pola Gratuidade dos Libros de Texto avogan por dar continuidade ó sistema de "gratuidade universal por préstamo", e instan a non reservar os libros nin compralos para facer presión, de este modo, á Consellería de Educación, que aduce problemas orzamentarios para manter o sistema.
Os promotores das protestas realizaron a pasada fin de semana sendas recollidas de sinaturas na Feira do Libro, de Cangas, y na Bueumostra. Consideran inxusto que un servizo básico, como é a Educación, teña que estar sometido ás posibilidades económicas de las familias.
"Nun contexto económico precario, o Goberno debe manter a gratuidade dos libros precisamente para favorecer a economía das familias, e non usar a crise como pretexto para artellar discrecionalmente calquera tipo de política", recolle a moción presentada polo grupo municipal do BNG, que conclúe que a actual política de la Xunta supón "un paso atrás no plano educativo e social".
Os argumentos son compartidos polo PSG-PSOE, que, na súa moción, fai fincapé no "paso atrás" das autoridades autonómicas en materia de dereitos ciudadáns, destaca o seu portavoz, Héctor Otero.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.