O día do Samaín celébrase o 31 de outubro.
Pero, ¿que haberá pola rúa?
Cecais un monstro, un gato, unha momia ou un zombi.
Miña mamaíña, ¡que medo dá o SAMAÍN!
Laura (2008)
POEMA
¡Que medo! ¡Que medo!
o SAMAÍN xa chega
¡Que medo! ¡Que medo!
esqueletos no cimeterio
¡Que medo! ¡Que medo!
A bruxa está voando
¡Que medo! ¡Que medo!
Hai nenos disfrazados
¡Que medo! ¡Que medo!
Entramos no castelo
¡Que medo! ¡Que medo!
A nena está tremendo
Catalina (2008)
Publicado no noso blog Galego a lambetadas

Deixámosvos un vídeo que mete medo, doutra canción do grupo Mamá Cabra!
Por certo, se queredes saber algo máis deste grupo e escoitar máis cancións, entrade no seu blog, premendo aquí.
Recomendámosvos algúns libros TERRORÍÍÍÍÍFICOS para os primeiros lectores/as!!!!


Tío Lobo, Ed. Kalandraka
E un conto de cabazas e unha avoa e unha neta moi astutas!!
Así gozamos no cole do Samaín, unha tradición celta:
Vexo que na Rúa seguen a manterse as tradicións e todos as vivides con ilusión: profes-as,alumnos-as...
ResponderEliminarAsí da gusto!!!
Un bico moi grande de Raquel(ex AIT)
Ola,Raquel! Que gusto saber de ti!
ResponderEliminarGrazas por seguir o noso blog.
A ver cando ves facernos unha visita, temos gañas de verte!
Botámoste de menos :-)
Moitos bicos terroríficos dende A Rúa
Noraboa polo voso blog e polo voso traballo... bicos e música de MAMÁ CABRA
ResponderEliminarGrazas, Mamá Cabra, polo voso comentario e pola vosa música. Fai nada gozamos dela todo o colexio no Auditorio de Cangas. Pasámolo moi ben.
ResponderEliminarO outro día coñecimos o voso blog e enlazámolo aquí, no ceiparua. Grazas por compartir con todos nós a vosa música.
Estamos a poñer en marcha o blog musical do cole, chámase A banda do cole, aínda está en cueiros pero promete.
Máis nada, un bico en DO maior e a seguir afinando esas voces e eses instrumentos!!