Cada curso elixiu previamente a dous alumnos/as:
1º curso: Iván e Telmo.
2º curso: Cristina e Álvaro.
3º curso: Helga e Cloe.
4º curso: Catalina e Iria.
5º curso: Vanessa e Antía.
6º curso: Laura e Javi.
Como representantes, teñen as seguintes funcións:
- Axudar ás persoas que o necesiten.
- Asistir ás reunións trimestrais de convivencia.
- Recoller as ideas dos nenos e nenas da clase.
- Animar aos nenos e nenas a aprender.
- Falar cos compañeiros/as se teñen un problema ou discusión.
- Ser amables, pacientes e xustos/as.
Na reunión presentámonos todos/as, fíxose a entrega de material e lembramos tamén para que serven os BUZÓNS DE CONVIVENCIA:
Avisar dos problemas de convivencia que hai no centro:
Problemas na clase
Problemas no patio
Problemas no autobús
Problemas nos baños
Aportar ideas que teñas para mellora-la convivencia.
Felicitar ás persoas que fan algo ben ou melloran o seu comportamento.
Propoñer como mellorar as instalacións do centro.
Facer preguntas sobre a convivencia.
vexo q colaboran todos os representantes
ResponderEliminar