Imos facervos unha proposta. Ide quentando as pombiñas de millo e collendo sitio no sofá!!
Hoxe inauguramos no noso superblog a sección CINE NA RÚA:
Queremos que compartades connosco algunhas escenas de pelis que son verdadeiras obras de ARTE.
Estamos seguros/as de que vos engaiolarán e pouco a pouco entraredes a formar parte do clube dos cinéfilos/as.
Comezaremos con algúns clásicos. Películas antigas, en branco e negro, algunhas mudas pero, francamente, non precisan nin son nin cores.
Iniciamos esta primeira entrega cos irmáns Marx (Chico, Harpo e Groucho Marx), cómicos estadounidenses que fixeron teatro, cine e televisión aló polo 1900, sendo coñecidos mundialmente.
A escena que vos achegamos (O camarote dos irmáns Marx) pertence á película "Unha noite na ópera"(1935)
Veña!! Facédenos un sitio que empeza XA!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.