Os nenos e nenas de 2º elaboramos un acróstico en relación co RESPECTO, unha palabra fundamental para conseguir a Paz no día a día.
Aquí volo deixamos:
Recoñezo que hai outras persoas que teñen outros gustos.
Entendo que non podo enfadarme con quen pensa diferente.
Sei que hai culturas distintas.
Penso que todos/as temos unha maneira diferente de vivir.
Espero que me queiran tal como son.
Comprendo que hai xente que come outros alimentos.
Todos/as somos libres de pensar.
Oxalá que todo isto sexa realidade.
Aula de 4 anos
Este vídeo que atopamos no blog Casa de tol@s podería servir para ilustrar o noso acróstico.
A música é de Mamá Cabra.
As diferencias non nos separan, enriquécennos, como amosa este outro vídeo.
Todos e todas, independentemente da nosa condición, temos dereito a imaxinar xuntos/as, da man de Jhon Lennon, un mundo mellor :-)
Un acróstico xenial..... agora só queda cumplilo!!! (a lo menos intentalo ;))
ResponderEliminarUn pracer compartir o meu traballo con vós, alégrome que vos servira.
Bicosss