No noso proxecto de investigación sobre as plantas, o outro día fixémonos esta pregunta:
Para que lle serven os pinchos ós cactos?
Nun primeiro momento, pensamos nunha única resposta:
-"Para protexerse dos animais"
Pero a profe Ana pediunos que investigásemos outras posibles respostas.
Tras buscar información na casa, engadimos algunhas máis:
Os cactos teñen espiñas para...
-protexerse do sol
-coller auga (a peluxe sérvelle para acumular o orballo)
-e, como dixemos, para protexerse dos animais (como dixo Antón, "para que non os coman de aperitivo")
Na información que achegamos ó cole descubrimos un cactos superespecial...
O saguaro
Aprendemos moitas cousas do Saguaro, queres coñecelas? son moi curiosas!
- Hai moitos no deserto de Sonora.
- Pode medir 20 metros de alto, e a raíz 30 metros.
- Pode vivir 2 séculos, 200 anos.
- Para medrar 1 metro de alto necesita 30 anos.
- Ten 65 cm de diámetro.
- Pode acumular ata 10.000 litros de auga.
- Pode soportar de frío 9 graos baixo cero e de calor máis de 50.
- Ten flores comestibles e froitos vermellos, cos froitos do saguaro poden facerse viño, marmelada e máis dunha ducia de produtos.
- Se un paxaro lle fai un burato para facer o seu niño, o saguaro fabrica unha cortiza para non coller enfermidades.
- As aves pósanse no saguaro coma se fose un mirador.
- Os indios (papagos) o utilizaban para construír casas.
- En latín chámase "carnegiea gigantea"
E agora deixámosvos un vídeo que, aínda que está en inglés, pode darvos unha idea das dimensións do saguaro.
Lucía, a profe de inglés moi amablemente, traduciunos a información que resumo brevemente.
O saguaro está adaptado ás condicións do deserto para evitar deshidratarse.
Almacena a enerxía durante o día e fai a fotosíntese durante a noite.
Ten uns pregues que se expanden rapidamente cando hai máis humidade e se contraen cando hai menos.
Ten unha raíz principal que está enterrada a 1 metro de profundidade, máis ou menos, e o resto das raíces expándense en círculo.
Canta maior sexa a súa altura, máis superficie ocupan as raíces. Próximas á superficie, esténdense para capturar a humidade.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.