Recén chegados/as das vacacións de Semana Santa, os/as profes convertémonos en alumnos/as e tivemos a sorte de compartir unhas horas con Carles Monereo, que se desprazou ata Cangas para ofrecernos a conferencia: “Enseñar a cooperar...cooperando”.
Esta actividade enmárcase no Plan de Formación en Centros para o profesorado que estamos levando a cabo neste curso 2009-2010, e que ten por título: “Aprendizaxe en grupos cooperativos”
Carles Monereo Font é Doutor en Psicoloxía pola Universidade Autónoma de Barcelona, e actualmente exerce a docencia nesa mesma Universidade.
Ten máis de 50 obras publicadas e imparte diversos cursos e conferencias a nivel nacional e internacional. Premede no seu nome para acceder a súa páxina web.
A súa participación consistiu nunha exposición teórico-practica dos principios básicos da aprendizaxe cooperativa, que xa estamos introducindo nas aulas.
Para nós foi un privilexio ter a oportunidade de contar coa súa persoa, cos seus coñecementos e coa súa experiencia no eido educativo e dende aquí queremos agradecerlle a súa disposición, a súa proximidade e o seu bo facer.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.