Os mozos de agora xa non discuten por veren a televisión no salón da casa nin pasan toda a tarde enganchados ao teléfono, senón que se comunican con todas as súas amizades a través de Internet e mediante determinados servizos coñecidos como redes sociais.
Facebook e Tuenti son dúas das redes sociais máis coñecidas. Neses espazos virtuais os nosos fillos/as danse a coñecer aos demais como se se anunciasen nun escaparate, ensinando a súa música preferida, as súas fotos, os vídeos que máis lle gustan, etc… e chegando incluso a dar datos relevantes sobre a súa intimidade.
Somos conscientes como pais e nais das vantaxes e os riscos deste novo modo de relacionarse dos nosos fillos/as?
Podemos ampliar o noso coñecemento con dous breves artigos publicados en Consumer.Eroski sobre o tema das Redes Sociais e o papel que os pais e nais deben asumir diante desta nova realidade que se impón día a día aos nosos fillos e fillas.
O primeiro deles, do ano 2008, e co título Do patio da escola á Rede dende o cuarto, simplemente fai unha breve introdución ao que son as Redes Sociais e dinos cales son as máis utilizadas.
No segundo, datado en abril de 2010, recóllese unha entrevista moi substanciosa con Gemma Martínez, investigadora da Universidade do País Basco, experta en menores e Internet. Na entrevista, Gemma recomenda que os pais/nais do menor se creen un perfil na rede social do seu fillo/a para aconsellalo.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.