Este martes, día 20 de marzo, ás 18:00 horas (e non ás 17:30 como estaba en principio previsto), haberá unha visita guiada ao Instituto de Rodeira, dirixida ás familias do alumnado que cursa este ano 6º de primaria e que o ano próximo vai estar en 1º curso de ESO (Educación Secundaria Obrigatoria). O equipo directivo do centro e o departamento de orientación acompañarannos nunha visita guiada polas dependencias do centro e responderán ás nosas dúbidas.
Pinchando na imaxe accédese á web do IES de Rodeira, onde atoparás información xeral sobre o centro.
No seguinte enlace do Departamento de Orientación do Colexio San Narciso, de Marín, tes información detallada sobre a etapa da ESO: En que consiste esta etapa, Que duración ten, Que materias se imparten en 1º e 2º cursos da ESO, cales son os criterios de promoción de curso, etc.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.