Hoxe tivemos unha xornada completiña. Ao pouco de entrar no cole preparámonos para ir ver ao Auditorio a obra de teatro en inglés "Magic Beans" representada pola compañía "Fairy Dreams".
Á volta fixemos o magosto. Mentres as castañas se asaban, participamos nos xogos que organizaron @s profes nos diferentes ciclos. Para rematar, fartámonos de castañas e emborrallámonos cos carbóns que quedaron da fogueira.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.