Os preguntoiros “Investigando a
vida” céntranse en 5º e 6º na Materia e na Enerxía. Este curso 18-19 as fases
deste proxecto foron as seguintes:
os pasos a seguin neste proxecto: Investigando a vida, foron:
1. Fontes de información. Definimos en gran grupo
as posibles fontes de información a consultar
2.Decidir o tema a investigar por consenso entre todas as propostas dos grupos cooperarivos.Expoñer as propostas dos
alumnos/as para a construción dunha estrutura con circuito eléctrico que teña
unha utilidade para as clases, para o colexio, para o pobo..
3. Preguntas a resolver. Unha vez determinada a
temática a investigar, "A enerxía", cada grupo cooperativo utilizando a estrutura Folio xiratorio, deberá formular preguntas
sobre o tema.
4.Clasificación das preguntas. En pequenos
grupos agrupan as preguntas buscando o nexo común entre elas. Posta en común.
Pequeno grupo. Gran grupo.
5. Busca de información.
- A clase baixa á Biblioteca con
4 preguntas a resolver asignadas individualmente. Deben buscar a resposta. Se a
atopan, fotocopiarán a páxina e anotarán a bibliografía.
- Estrutura cooperativa: O
Quebracabezas. O tema está dividido en 4 apdos.: Electricidade, Enerxía,
Aparellos electrónicos e Gasto enerxético. Cada membro do grupo é un experto/a
en cada un dos apdos. e debe buscar na biblioteca libros que poidan respostar
ás preguntas correspondentes
6.Tratamento da información. A partires das fotocopias das páxinas dos libros
seleccionados na biblioteca, o alumnado busca a resposta ás preguntas que lle
corresponden.
7. Elaboración
e exposición das presentacións para exponer a resposta ás preguntas.
Exposición das mesmas diante dos compañeiros/as das clases de 5º e 6º.
8. Elaboración de rúbricas para avaliar as
presentacións. Avaliación individual, grupal e en gran grupo das presentacións
para a súa mellora.
9.Construción dunha estrutura con circuito eléctrico
cunha finalidade útil para o centro escolar: sementeiro, incubadora e
altofalante.
10. Elaboración de instrucións sobre o uso do
sementeiro, incubadora.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.