
Este ano celebramos a Semana das Letras Galegas con distintas actividades programadas para participar todo o cole.
A nosa semana comezou o venres coa celebración do “Día G” con noso xa tradicional recreo conxunto no que nos diriximos uns aos outros en galego, cantamos a canción “Comando G”, creada por nos, e disfrutamos dos xogos tradicionais a cargo dun grupo de xubilados do Morrazo.
Durante toda a semana estiveron ao disfrute de todos/as dous recunchos preparados por Roni, a nosa mascota.Un recuncho de lectura en galego e creción de marcapáxinas e outro, situado na entrada do cole, cun photocall.


0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.