Como sabemos que vos gusta moito a Arte, estades de noraboa!!
Hoxe inauguramos no noso superblog a sección:
Achegarémonos á vida e á obra dalgúns artistas importantes e tamén vos recomendaremos enlaces interesantes para que os visitedes.
Comezamos esta primeira entrega con Picasso, un dos artistas españois máis universais.
Falaremos dos cadros onde aparece Sylvette, unha das súas musas.
PICASSO E SYLVETTE
A tímida Sylvette tiña moitos segredos.
Durante anos soñou converterse nunha artista.
Un día de verán, Picasso, o máis famoso pintor e escultor do mundo, foi ó pobo onde vivía Sylvette.
Para o seu asombro, escolleuna para que fose o seu modelo.
Axiña, as pinturas da tímida moza con cola de cabalo foron coñecidas en todo o mundo.
Picasso foi un bo amigo para Sylvette, e coa súa axuda comezou a realizar os seus soños.
Reseña do libro "Picasso e Sylvette",
escrito por Laurence Anholt, Editorial Serres, Barcelona 1998
PICASSO, vida e obra
Este Proxecto, onde se conta a vida e obra de Picasso, foi elaborado en Educación Infantil 4 anos polos alumnos e alumnas que neste intre cursan 4º de Primaria. Como vedes, xa daquela eran moi espilidos/as. Un bico a todos e todas eles/elas.
PICASSO, pinta a SYLVETTE
O primeiro debuxo foi lento e detallado,
un delicado estudo a lápis.
O segundo foi máis grande, Sylvette sempre inmóbil e nerviosa como un cervo salvaxe.
Despois, Picasso empezou a traballar máis e máis a présa. Os debuxos eran máis grandes e máis estranos.
¿Queres ver outros retratos de Picasso?
Para debuxar como Picasso, preme na imaxe:
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.