O martes, Xose, o apicultor, veu á clase de 1º contarnos cousas das abellas.
Tróuxonos mel, unha colmea, unha rasqueta, un afumador e un traxe de apicultor.
Fixémoslle catorce preguntas.
Contounos que as abellas facían panais con cera e tamén fabricaban o mel na colmea.
Cando as abellas collen o pole lévano nas patas nunha especie de cestiña.
Deixounos poñer o seu traxe de apicultor que era branco porque as cores escuras poñían nerviosas ás abellas e podían picarlle máis.
O fume que facía co afumador serve para tranquilizar ás abellas e así poden coller o mel.
Tamén nos falou da vida das abellas, que se pelexan entre elas.
As abellas teñen veleno e se cravan o aguillón non o poden sacar porque ten forma de arpón e morren porque se lle rompe un cacho da barriga.
Autores/as da información:
Nenos e nenas de 1º de Primaria
Nenos e nenas de 1º de Primaria
Sabes que as abellas son artrópodos?!
Se queres acompañarnos e aprender máis sobre outros artrópodos,
PINCHA NA FOTO.
As nenas e os nenos de 1º son moi curiosos, fan moitas preguntas e por iso aprenden tantas cousas.
ResponderEliminarEu tamén teño algunhas preguntas para vós:
¿a que sabía o mel?
¿o mel é sólido ou líquido?
¿todo o mel ten a mesma cor?
¿a quen lle quedaría vén o nome de "Mel"?
Bicos para todos doces coma o mel