Celebramos a posta en marcha do blog do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CEIP A Rúa coa seguinte nova:
O venres, día 27 de marzo, tivemos na Biblioteca de A Rúa a visita de Laura Sáez, coa que mantivemos unha animada conversa os nenos e nenas de Quinto e Sexto cursos.
Laura é tradutora, e viunos falar do proceso de edición dun libro e de todos os pasos que ten que dar dende que o seu creador/escritor, concibe a idea, ata que os lectores disfrutamos co libro nas nosas mans.
Traduciu ao galego libros coñecidos para nós como “Tarzán de goma”, “Mago por correspondencia”,… e os que máis nos interesaban, os últimos títulos de Harry Potter.
Fixémoslle moitas preguntas sobre o seu traballo de tradutora e contounos moitos detalles do seu último traballo, “Harry Potter e as reliquias da morte”.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.