O venres, 15 de maio, celebramos o Día das Letras Galegas gozando do espectáculo de maxia do Mago Teto.
Acompañáronnos os alumnos/as do CEIP de Espiñeira (Aldán)
Fomos todos e todas (o colexio quedou baleiro!!) e algunha familia tamén se sumou á festa.
Presenciamos varios trucos de maxia: con cordas, cartas, panos...
O Mago Teto demostrounos que pode predicir o futuro, adiviñando unha cifra que escolleu Víctor.
Fixo participar con moita ilusión a nenos e nenas e algúns/as profes.
Pedirémoslle que utilice a súa maxia e...
...QUE TODO O MUNDO FALE GALEGO!
cando fumos a ver O MAGO TETO o auditorio de cangas encantopume.
ResponderEliminar