Internet neste momento estáse a converter nunha ventá aberta ó mundo, con moitas posibilidades: información a disposición de todos/as, redes sociais onde compartir ideas, iniciativas...
Pero tamén pode constituír un risco importante para os nenos e nenas se os pais/nais, educadores-as, non nos informamos e controlamos que uso fan da rede.
Este é o tema da interesante charla de mañá martes, 5 de maio, ás 17:30, na Biblioteca do centro:
“Como conseguir que os nosos fillos e fillas naveguen por internet de forma segura”
Contaremos coa presenza dun compoñente do equipo de delitos telemáticos da Comandancia da Garda Civil.
Grazas pola vosa participación!
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.