O debate está servido, con dúas opcións extremas:
1. Aceptar o software de Microsoft (Windows e Office), unha marca que ten o monopolio no sector, e que ten intereses empresariais concretos para incluso regalar o software se fose preciso (crear potenciais usuarios para o futuro, dependentes dos seus produtos)
2. Defender o uso exclusivo de software libre nas aulas (GNU/Linux, Firefox, OpenOffice...). Que o software sexa libre implica entre outras cousas que tamén é legal distribuír copias sen pagar licenzas e acceder ao código fonte dos programas. Para saber algo máis ver neste enlace de introdución ao software libre.
O software libre é unha especie de medicamento xenérico fronte ao de marca, se facemos unha analoxía coa industria farmacéutica. Para que imos pagar máis os usuarios por un produto que nos ofrece basicamente as mesmas prestacións?
No debate entran aspectos de puro utilitarismo técnico, económicos... pero tamén, e tal vez isto sexa o máis importante ao falar de educación, aspectos éticos e filosóficos... pois no fondo nas escolas estamos deseñando a sociedade do futuro.
Algunhas das razóns a favor do uso do software libre nas escolas:
- por seguridade: ausencia de necesidade de antivirus, internet e conexións máis eficientes e seguras
- por gratuidade e legalidade: miles de aplicacións gratuitas sen necesidade de piratear nada
- por rendemento e ergonomía: capacidades multimedia maiores, estabilidade da execución dos programas e uptime do sistema
- por localización: sistema e aplicacións traducidas nas linguas oficiais do país (case definitivo se é unha cuestión autonómica)
Razóns para o uso do software libre na escola
Vídeo de Stallman sobre o mesmo tema
Hispalinux censura o custo económico e a dependencia tecnolóxica da "solución" Microsoft para a educación, publicado en GALPon.
Zapatero se equivoca, artigo de Jordi Adell
Software libre en educación infantil y primaria, de Jordi Adell (descargar en .zip)
Razóns a favor do software privativo (Microsoft Windows e Office):
- Uso moi espallado do Windows: coñecémolo de sobra
- A posible predilección dos nenos: para xogar usan básicamente Windows (aínda que o mini-portátil non iría cos xogos come-recursos)
Tamén podes seguir o debate aberto na rede social Internet en el Aula.
Máis debate en Zapatero se equivoca
Tamén en Twiter
Un moi bo artigo, publicado por Eduardo Larequi, no blog La Bitácora del Tigre, que fai unha exposición moi detallada de pros e contras desta iniciativa.
Agora que xa son abó, recordo cando tiven que levar ós meus fillos a unha escola privada, porque era o único xeito de garantir os estudos en galego.
ResponderEliminarAgora desexo que os meus netos sexan educados conforme a criterios máis eticos, como dice Ramón Catro:
" Se te vales de aplicacións libres para educar, estas a salientar a idea dun coñecemento compartido, dun gran traballo en equipo, da posibilidade de xerar autentica riqueza [...] formando así a cidadans cooperativos máis que competitivos, e estenderemos o concepto a outras esferas (social, política, sanitaria, etc...) [...]"
Se o goberno pretende educar ós meus netos na escravitude as tecnoloxías dun monopoloio, que clase de educación han recibir?
Grazas, Miguel, xa recollín as túas últimas suxestións :-)
ResponderEliminar