Seguindo coa nosa investigación sobre apicultura, o outro día Sergio tróuxonos un libro que falaba de que os antigos homes e mulleres primitivos/as tiñan debuxadas escenas relacionadas con este tema dende fai, nada máis e nada menos que 9010 anos!! (7000 a.C. + 2010 d.C.)
Decidimos buscar información ó respecto, e Ían, todo un superinvestigador!!, compartiu connosco estes sorprendentes coñecementos que agora vos presentamos:
Pintura rupestres de Anchor, Shelter, Natal, Drankensbeg.
Montañas con escaleiras para alcanzar os panais de mel de abellas.
Fonte: Libro de Nddema de Pager (1971)
Montañas con escaleiras para alcanzar os panais de mel de abellas.
Fonte: Libro de Nddema de Pager (1971)
Exipto, ribeira oeste de Louxor (antigo Tebas=Thébes), tumba nº 100 de Rekhmine en Rekhmira, mar de Tebas, contruído por Thoutmosis II e Aménophis III (XVIII dinastía).
Canto aprendemos coas vosas informacións, sodes uns grandes investigadores/as. Noraboa Ían por este documento gráfico tan interesante.
ResponderEliminar