Esta semana xogamos a disfrazarnos progresivamente:
o luns, algo na cabeza
o martes, algo no pescozo
o mércores, algo no tronco
e, por fin, hoxe xoves, o disfrace completo
Atopámonos con bruxas, controladores aéreos, piratas varios, vaqueiros/as, peliqueiros, tortas de amorodo, fadas madriñas...
Ata veu a Policía Local e algunha velliña desorientada que confundiu a escola coa Casa da Bola...
Aquí vos deixamos unha mostra do espectáculo multicolor co que gozamos e nos divertimos neste soleado e frío día de febreiro.
Mañá esperámosvos a todos e todas no desfile que comezará ás 13:00 horas!!
Non faltedes!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.