Hoxe, 21 de maio de 2010, inauguramos o 1º Correlingua do Morrazo. Saímos con puntualidade do colexio, protexidos con crema solar e gorras porque o día prometía unha solaina de coidado, e así foi. Xuntámonos en Bueu moitos nenos/as dos coles de O Morrazo: A Rúa, Seixo, A Pedra, Beluso, O Carballal, Quintela, O Hío... Os do cole do Hío foron moi finos e ata levaron os seus propios gaiteiros!!
Demos unha volta polas rúas de Bueu e tivemos que suar a gota gorda, así que aproveitamos para reivindicar un lema improvisado: "Estamos asados, queremos xeados!" Despois xuntámonos todos na nova praza do Concello, onde nos esperaba Mama Cabra para facer a festa. Alí cantamos, bailamos e refrescámonos con auga todo o que puidemos.
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.