23/05/10
Informática para pais e nais o vindeiro mércores
SESIÓN FORMATIVA DO MUNDO DAS TIC
O vindeiro mércores, día 26 de maio, ás 17:00 horas, na aula de informática do noso centro, terá lugar unha sesión formativa sobre diversos aspectos do mundo das TIC (a informática e os ordenadores)
Trataranse temas como:
- As vantaxes de usar software libre nos nosos ordenadores.
- Aplicacións básicas (programas) en software libre (suite ofimática, navegador de internet...)
- Recursos educativos en internet: busca de información (google, wikipedia...), actividades online (flash, Jclic), xogos educativos, práctica de mecanografía, google maps, blogs, etc.
- Seguridade en internet... e calquera outro tema do voso interese.
Esperámosvos a tod@s!!!
Non fai falta que teñades moitos coñecementos de informática, só gañas de aprender!! Animádevos!!
Publicado no blog da ANPA
CEIPARUA / Autor & Editor
Has laoreet percipitur ad. Vide interesset in mei, no his legimus verterem. Et nostrum imperdiet appellantur usu, mnesarchum referrentur id vim.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.