>> O Goberno galego fai público o texto da polémica norma despois de anunciar os seus puntos clave a pasada semana
>> O decreto 79/2010 elimina a consulta aos pais en Primaria e Secundaria, pero permite aos cativos o uso de calquera lingua oficial en clase e especifica que materias se impartirán en galego e cales en castelán.
A Xunta acaba de facer público no Diario Oficial de Galicia o texto do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia. O Goberno galego, logo de explicar algúns puntos clave a pasada semana tras o Consello, publica por fin todos os detalles dunha norma que foi rectificada trece veces desde que en decembro pasado o presidente Núñez Feijóo anunciase un anteproxecto. O decreto 79/2010 mantén as liñas bases do anunciado polo Executivo hai tan só uns días, polo que retira a consulta aos pais en Primaria e Secundaria ata facelas posibles cunha lei 'ad hoc'
O decreto, no entanto, especifica que en Primaria e Secundaria, Matemáticas, Tecnoloxía e Física e Química deberán ser impartidas obrigatoriamente en castelán, mentres que Coñecemento do Medio, Ciencias Sociais, Natureza e Bioloxía daranse en galego. Esta disposición provocará que moitos profesores que levaban anos dando as súas clases en galego teñan que cambiar o seu idioma habitual.
Ademais, a norma confirma a desaparición dos "equipos de normalización e dinamización", que pasarán a denominarse "equipos de dinamización da lingua galega" e especifica que o alumnado "poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a súa lingua"

0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.