
Por fin chegou a Cangas o Correlingua, aínda que a chuvia case nolo estraga.

Os nenos e nenas de 1º a 5º de Primaria do CEIP A Rúa xa estabamos preparados ás 9:30 coa nosa chapa, unha pucha azul e un colgante co nome do noso cole para ir camiñando ata o Concello.Alí xuntámonos con outros coles da comarca e comezamos a marcha pola defensa do galego, que rematou na esplanada de Ojea cunha gran festa amenizada polo grupo “A Gramola Gominola” despois de escoitar o manifesto impulsando o uso da nosa lingua.

0 comentarios:
Publicar un comentario
Nota: só un membro deste blog pode publicar comentarios.